Cangas 1617, a defensa da vila
Cangas 1617, a defensa da vila
A defensa da Vila de Cangas ante o ataque turco-berberisco de 1617
CHEGAN OS PIRATAS POR RODEIRA!
No ano 1617 unha escuadra de piratas turco-berberiscos chegan á nosa ría a bordo de 11 navíos despois de percorrer e atacar diferentes portos ao longo da península. Cal foi o motivo da súa chegada? Como foi o ataque? Como afectou ao desenvolvemento posterior da vila? Realizaremos unha viaxe no tempo para coñecer como era a vida dos cangueses e canguesas no século XVII. Veremos a que se adicaban, quen ostentaba o poder e falaremos da orixe e crecemento exponencial da Vila de Cangas ao amparo do seu porto grazas á pesca e ao comercio.
Familiar
Esta ruta está especialmente indicada para toda a familia xa que combina contidos históricos con temática pirata moi do agrado de nenos e nenas.
Monumental e histórica
A espectacular ex-colexiata de Cangas, o barrio primixenio do Outeiro ou o cruceiro de Síngulis son algúns dos lugares máis fotografados.
Percorrido
Este é o itinerario que faremos na ruta
Coñecendo Cangas do Morrazo
Se queres coñecer a capital da comarca do Morrazo con rutas explicativas e amenas, consulta as seguintes visitas que temos deseñadas