OITAVA EDICIÓN DE “VERÁN EN RUTA” EN CANGAS 

A piques de alcanzar as 600 rutas, polas que pasaron máis de 17.000 persoas, esta será a oitava ocasión na que coa chegada do verán vos propoñamos unha maneira amena e didáctica de coñecer os encantos da vila de Cangas a través das nosas rutas guiadas.

Coma sempre as nosos rutas son totalmente gratuítas pero ao finalizar os percorridos, @s nos@s guías ofrecerán aos asistentes a posibilidade de facer unha colaboración simbólica e voluntaria a favor da nosa asociación que empregaremos para a realización doutros proxectos.

“Verán en ruta 2023”, dez rutas para os meses de xuño, xullo, agosto e setembro, incluíndo tres percorridos no serán 

O programa que deseñamos constará de dez rutas, tres das cales levaremos a cabo en horario de tarde. Nesta ocasión realizaremos algúns dos percorridos con máis demanda nos últimos anos como “Massó, o sentir dun pobo“, “Cabo Home e a Costa da Vela“, “Intermareal, mar a vista“, “Cangas 1617, A defensa da vila“, “Aldán, un condado a beira do mar“, “Senda Costeira de Areamilla” ou “Rúas con historia” e incorporamos en agosto unha edición especial da ruta “Cangas na república” con motivo do 87 aniversario do asasinato dos Mártires do Anguieiro.

Se estades interesados en asistir teredes que darvos moita présa porque as prazas son limitadas e a demanda moi elevada 

Os interesados deben inscribirse previamente por whatsapp no 611 08 08 53. Nun principio teremos un límite de 30 prazas por ruta e unha vez sexan completadas, habilitaremos as correspondentes listas de espera que xestionaremos de forma activa.

Óscar Rodríguez Martínez
Presidente A Illa dos Ratos en | + artigos

Socio fundador de A Illa dos Ratos.

Deixa a túa resposta

O teu correo electrónico non será publicado. Os campos con * son obrigatorios

Podes usar estas etiquetas e atributos en HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable A Illa dos Ratos.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Dinahosting.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.