Rúas con historia de Cangas
A ORIXE E OS NOMES DAS NOSAS RÚAS
Os nomes das rúas son deses elementos que asumimos que existen desde sempre e non adoitamos pararnos a pensar no por que do seu nome. Nesta ruta faremos un percorrido por algúns dos nomes máis salientables e curiosos do noso rueiro. Así coñeceremos a persoeiros ilustres, cangueses ou non, onde atoparemos figuras relacionadas coa política, co mar, coa emigración, coa nosa historia... Pero tamén nomes que foron postos de forma espontánea polos cangueses ao longo do tempo e que nos transportan a outra época, testemuños dunha Cangas que xa non existe. Veremos que os nomes das rúas cambian ao son dos tempos, e os seus nomes fálannos dese pasado e desas persoas que mereceron ter unha rúa co seu nome.
Polas rúas de Cangas
Esta ruta está dirixida a todos os públicos e especialmente a todas as persoas que coñecendo as rúas da vila desexen profundizar na súa historia.
Esculturas, rúas e monumentos
Poderemos fotografar a vida nas rúas e diferentes elementos arquitectónicos como a "Casa Barbicas" ou a escultura de Asorey adicada a D. Félix Soage Villarino.
PERCORRIDO
Este é o itinerario que faremos na ruta
Coñecendo Cangas do Morrazo
Se queres coñecer a capital da comarca do Morrazo con rutas explicativas e amenas, consulta as seguintes visitas que temos deseñadas