CINCO ANOS DE RUTAS GUIADAS E ACTIVIDADES DE ANIMACIÓN SOCIOCULTURAL

Texto elaborado por Oscar Rodríguez Martínez, presidente de A Illa dos Ratos.

A Asociación de Animación Sociocultural e Turística “A Illa dos Ratos”,  fúndase oficialmente en Cangas o 20 de xaneiro de 2016 cando seis amigos de diferentes campos como a animación sociocultural, o medio ambiente, o turismo ou a cultura, decidimos constituír unha entidade sen ánimo de lucro que tería como principal obxectivo dinamizar e diversificar a oferta sociocultural, turística e de ocio na Comarca do Morrazo e o Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.

Para logralo decidimos que o máis axeitado sería centrarse na realización de rutas guiadas para dar a coñecer e poñer en valor os recursos turísticos sobre todo do Morrazo e na organización de diferentes actividades de dinamización sociocultural, en ambos casos sempre gratuítas e para todo tipo de público.

As rutas guiadas de A Illa dos Ratos consolidáronse ata converterse nunha alternativa de ocio para residentes e visitantes ao longo de todo o ano

Desde entón foron moitas as diferentes rutas e percorridos que os nosos guías e obviamente estamos moi orgullosos das máis de 400 rutas guiadas en espazos de interese medio ambiental, turístico e cultural polas que teñen pasado máis de 12.000 personas, algo que os socios fundadores non podíamos imaxinar cando puxemos en marcha o noso proxecto.

Comezamos en Cangas, o pobo que nos viu nacer. Co apoio da Concellería de Turismo e Medio Ambiente que naqueles intres tiña a Tania Castro como responsable, chegou o primeiro programa de rutas guiadas gratuítas titulado “Verán en Ruta 2016” que incluía as rutas “Massó, o sentir dun pobo”, “O facho, gardián milenario” e “Intermareal, mar á vista ¡¡¡”. Foi tal o éxito colleitado que nos animamos a deseñar novos percorridos para atender a gran demanda que tivemos, e así xurdiron novos percorridos que rematarían converténdose en clásicos dos diferentes programas dos seguintes anos: “Senda costeira de Areamilla a Liméns”, “Cangas 1617, A defensa da Vila”, “Cangas 1617, Outro punto de vista”, “O Hío, de pedra en pedra”, “Aldán, un condado á beira do mar” ou “Cabo Home – Costa da Vela”, entre outros.

Con todo, tivemos tempo para facer outras rutas especiais como “Historia das mulleres de Cangas”, “Serra da Madalena”, “Carballal de Coiro”, “Cangas na República”, “Cangas e a súa Semana Santa” ou incluso unha ruta en Pontevedra baixo o título “Lourizán, o paraíso olvidado”.

As rutas guiadas en Moaña xurdiron de forma natural e tiveron una gran acollida

No 2018 demos o salto a Moaña. Moisés Barcia, asistente as nosas rutas e responsable da Editorial Rinoceronte, contactou con nós porque ían a publicar un libro sobre as “Canteiras do Litoral de Moaña” escrito pola moañesa Tamara Campo Táboas e ocurreúselle que podería ser interesante organizar unha ruta por esa zona. Foi entón cando, co apoio da Concellería de Turismo e Promoción Económica comandada por Coral Ríos, deseñamos e publicitamos esa nova ruta coa intención de que os asistentes puidesen descubrir a importancia da actividade extractiva levada a cabo nesa zona de Meira. De alí saíu toda a pedra para os recheos de Vigo e a riqueza xerada foi clave para o desenvolvemento económico e social de Moaña como tamén o foron as posteriores iniciativas empresariais que xurdiron neses novos espazos: Conservas A Guía e o gran estaleiro naval ASCON.

Foi tal o éxito que tivemos que houbo que repetila varias veces máis do que tiñamos previsto e iso animounos ao ano seguinte a preparar novos contidos. Así xurdiron “A Moaña mariñeira”, “San Martiño”, “Intermareal de Tirán”, “Sendeiro da Fraga”, “Sendeiro de Rialdarca”, “Mulleres da historia de Moaña” e unha ruta literaria sobre “O último barco” de Domingo Villar.

Tivemos momentos moi divertidos nas nosas actividades de animación sociocultural

Ademais das rutas polas que nos coñecen moitos dos nosos seguidores, a outra vertente que da sentido a nosa existencia e a dinamización sociocultural. Ao longo destes cinco anos foron máis de 50 as ocasións nas que organizamos diferentes actividades.

Para nós foron memorables as “Xincanas de Entroido” que organizamos da man do Concello de Cangas nos dous últimos anos con temáticas de superheroes en 2019 e de videoxogos no 2020, ocasión na que tivo un papel importante o MUVI (Museo do videoxogo de Galicia). Centos de persoas correndo por Cangas disfrazadas para a ocasión e superando as divertidas probas que puxemos nas diferentes estacións creadas para a ocasión e nalgúns dos comercios do centro do pobo.

Tamén conseguimos que cada mes de outubro, os cangueses esperen cada ano a nosa “Festa Histórica Infantil A defensa da Vila” coa que os máis novos se involucran na conmemoración do aniversario da defensa da Vila de Cangas ante o ataque pirata turco berberisco de 1617.

Outra das nosas actividades máis importantes son as Prebadaladas . As primeiras que organizamos foron en Cangas e nelas contamos coa presenza de moitas familias e grupos de amigos que lle deron xuntos a benvida de forma anticipada ao 2017 aquel 31 de decembro ás 12:00 da mañá diante do palco dos Xardíns de Soage na Alameda Vella.

Os anos seguintes cando as celebramos en Moaña pasámolo tamén moi ben con música, bailes e diversión antes de tomar as xa tradicionais 12 boliñas de queixo e facer o posterior brinde con refrescos co que pequenos e maiores saudaron ao novo año.

Pero ademais desas tres actividades principais non podemos esquecernos de outras como as de animación á lectura que fixemos en máis dunha ocasión na Casa da Cultura con motivo do Día do Libro e o Día das Bibliotecas, os xogos populares nas Festas de San Pedro ou os de temática medieval en Moaña Antiqua ou as animacións na Chocolatada solidaria da peña moteíra “Os Matapardais” de Moaña, o Nadal con Vida do Concello de Cangas e no Festival de fin de curso do CEIP Espiñeira de Aldán.

Tamén sentímonos moi orgullosos da nosa faceta de educación y concienciación medio ambiental

Ás actividades organizadas con motivo do Dia dos Océanos, uniuse o pasado 1 de maio de 2019 unha recollida de lixo mariño na praia de Rodeira coa participación de máis de 150 persoas, entre elas moitos nenos e nenas, que recolleron 100 kg de residuos de pequeno tamaño, sobre todo microplásticos, tomando conciencia do problema tan importante que temos nos nosos océanos.

A pandemia da COVID-19 esta sendo moi dura para todos pero non nos parou ¡¡¡

Nesta pandemia da COVID 19 tivemos que baixar o ritmo pero non perdemos o tempo. En abril, en pleno confinamento, tivemos a iniciativa de convocar un concurso fotográfico no que premiamos as fotos máis divertidas que os nosos seguidores subiron ás redes sociais.

Tamén aproveitamos para crear a nosa nova e ambiciosa web, www.ailladosratos.org na que a partir de agora se poderán consultar os contidos das diferentes rutas do noso catálogo. Nesta nova ventá ao mundo tamén estamos desenvolvendo un interesante proxecto baixo o título “O blog dos Ratos”, no que os nosos socios e colaboradores van publicando cada semana artigos sobre temas relacionados coas rutas, sobre outras asociacións e colectivos do Morrazo, biografías de personaxes locais, libros de interese ou contidos medio ambientais.

Queremos seguir sendo un referente no Morrazo como alternativa de ocio para todos os públicos

Todas estas iniciativas son o resultado de moitas horas de traballo e a implicación dos membros da asociación, especialmente das persoas que conforman a xunta directiva: Óscar Rodríguez Martínez (presidente), Lucía Sotelo Nogueira (secretaria), Eloy Gómez Fernández (tesoureiro), Liliana Cancelas Gargamala (vogal) e Xabier Guardado Soliño (vogal).

Todos nós, en nome do resto de membros do colectivo queremos agradecer o apoio, axuda e participación das personas, colectivos e institucións que teñen colaborado para que A Illa dos Ratos se teña consolidado como unha das asociacións máis dinámicas do Morrazo e agardamos que nos sigades acompañando na nosa viaxe, que esperamos sexa tan longo como reconfortante foi para nós nestes primeiros cinco anos de andadura.

Óscar Rodríguez Martínez
Presidente A Illa dos Ratos en | + artigos

Socio fundador de A Illa dos Ratos.

11 comentarios

  1. Cangas 1617, A defensa da Vila » A Illa dos Ratos

    […] senso, dende a Asociación A Illa dos Ratos imos a encargarnos da realización de dúas rutas guiadas baixo os títulos “Cangas 1617, A […]

  2. Marcelino

    De lo mejor que nos pasó el año pasada
    Muchas gracias
    Esperando ansiosamente vuestra vuelta

  3. Lola

    Atoparvos foi unha das poquiñas cousas boas que nos trouxo o 2020. Estamoa desexando volver as vosas eutas. Grazas pola profesionalidade,e, sobre toso o mimo quw poñeses nelas. .

  4. MARIA ROSA RIVEIRO SANTAMARINA

    GRACIAS POR VUESTRA LABOR DEBEMOS DAROS LAS GRACIAS POR VUESTRO TRABAJO

  5. Amador

    Desexo con moitas ganas o día de volver a estar con vos.Gracias

  6. Xoae Manuel Álvarez

    PARABÉNS lSEGUIR

  7. Encarna

    Grazas polo voso esforzo en mostrarnos a persoas que non somos da comarca tanto e tan ben! Espero que sigades con ese labor tan importante e que recibades axuda institucional para continuar moito tempo.
    Saúdos

  8. Beti

    Fixéstedes, estades a facer e seguiredes facendo, seguro, unha gran labor de difusión e coñecemento do patrimonio histórico, natural, artístico, cultural,….de Cangas e Moaña. Se agradece un montón a vosa presencia na vida da vila de Cangas e en dar a coñecer a personaxes populares e rincóns que para moitÍsima xente eran totalmente descoñecidos e que, agora, serven para enriquecer e enorgullecerse do noso pobo. Grazas Oscar, Lu, Xabi, Lili, e resto da Illa dos Ratos. PARABÉNS!!!!

  9. Alberto

    Non me da chegado o momento de estarmos unha vez mais disfrutando coa vosa compaña, un saudo

  10. Sheila

    Marabillosos sempre!!

  11. Vanesa

    Bravo ratiños…. Por moitos mais

Deixa a túa resposta

O teu correo electrónico non será publicado. Os campos con * son obrigatorios

Podes usar estas etiquetas e atributos en HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable A Illa dos Ratos.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Dinahosting.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.