A CEPA: MÁIS DE 25 ANOS COA CULTURA DE CANGAS
Texto elaborado por Fernando Cuñarro Pintos, secretario de A Cepa.
A Cepa nace no seo do Centro de Educación Permanente de Adultos (C.E.P.A.), que a Consellería de Educación tiña creado en Cangas no curso 1988/1989
A iniciativa de crear unha asociación cultural partiu do profesorado e dun grupo animoso do alumnado, con moito interese na súa formación.
Nunha xuntanza preparatoria escolleuse unha xestora para que presentara os Estatutos no Goberno Civil de Pontevedra e convocara unha Asemblea Xeral para formalizar a asociación. Decidiuse que o nome se formase coas iniciais da escola e así naceu o nome de A Cepa. Foi inscrita no Rexistro de Asociacións o 15 de xuño de 1995 con enderezo na avenida de Bueu en Cangas.
Na primeira xuntanza cos Socios Fundadores o 29 de setembro de 1995 elixiuse a primeira Xunta Directiva: Pilar Ferrari, presidenta; Jesús Currás, vicepresidente; Araceli Antepazo, secretaria; Antonia Franganillo, tesoureira; Fernando Cuñarro, Avelino Dacosta, Xosé Luís Lorenzo (Colón), Carme Molanes e Xosé Antonio Graña como vogais.
A Cepa preséntase á sociedade de Cangas o 1 de febreiro de 1996 organizando un festival da Asociación de Mulleres de Moaña nun cine Galaxias acugulado de xente
Coa creación da asociación ofértanse obradoiros de pintura, cestería, teares, mecanografía, palillos, vídeo, fotografía e tapicería demandados polas persoas que remataban os estudos regrados na Escola. Deste xeito a directiva da Cepa empezou a levar o peso destas actividades con certa autonomía. Pasado o tempo novos talleres apareceron: punto de cruz, informática, talla de madeira, deseño gráfico e memoria de Cangas.
A partir do ano 2000 co traslado ao IES de Rodeira das aulas de educación de adultos, A Cepa organiza as súas actividades con independencia da Escola
Algúns talleres realizábanse en dúas aulas cedidas polo Concello e outros en locais prestados: os bailes de salón na discoteca Dedos e/ou no CEIP Nazaret, as clases de ioga e as de fotografía en locais alugados. A partir do ano 2010 a Cepa instálase na Casa do Pobo nun local público cedido polo Concello.
A Cepa organiza xornadas adicadas á lingua e homenaxes á muller e a diversos escritores
Celébranse xornadas dedicadas á muller, xornadas á lingua e homenaxes e actos a escritores como Bernardino Graña, Pepe poeta, Serafín, Cecilio Rial, Manuel María ou Rosalía de Castro pero tamén cursos de iniciación e perfeccionamento de lingua galega, mesas redondas, palestras e recitais. Realizamos saídas culturais, excursións e outras festas e celebracións. Comezamos a organizar o CITEAMOR, ciclo de teatro afeccionado do Morrazo.
Estas actividades vanse programando ao longo do ano. En setembro iniciamos as matriculacións nos obradoiros ao tempo que programamos os cursos do trimestre. No mes de outubro comezan os talleres ofertados. E tempo de mercar número de lotaría, programar as excursións de proximidade e organizar o pincho de confraternidade no Nadal.
Co novo ano e seguindo os Estatutos celebramos a asemblea xeral de socios e iniciamos a xeira de viaxes culturais que rematarán no mes de xuño. No mes de marzo organizamos os actos das xornadas da muller.
Abril e maio son os meses das exposicións de primavera cos traballos realizados nos obradoiros ou exposicións fotográficas do noso arquivo da imaxe. En xuño rematamos coa presentación dalgún libro no que se estivo a traballar durante o ano.
A Cepa cumpre un papel fundamental no mantemento da memoria colectiva da vila
Coa colaboración dos socios e da veciñanza faise a recolleita de fotos antigas da vila coas que se vai conformando o Arquivo Fotográfico de Cangas que hoxe temos grazas a todos eles e ao labor de Colón. No blog e na páxina web da asociación podes ver algunhas delas e visionar os vídeos realizados polo fotógrafo Víctor Rodríguez que os cedeu xenerosamente ao noso arquivo da imaxe de Cangas.
Teñen editados varios libros relacionados coa historia e persoas de Cangas
O primeiro libro que publicamos apareceu na colección Gran Formato: un volume que recorre a “Historia fotográfica de Cangas no século XX” e que foi editado pola Deputación de Pontevedra. Continuamos coa edición do “Cangas Viva (1940-1975)”.
Na colección Antoloxía de Soños publicamos libros dedicados a: Pepe Poeta, Serafín, Cecilio Rial, Bernardino Graña, Ubaldo Lemos, Sarah Lorenzana e Amable Santos.
Os libros monográficos iniciámola con “As mulleres da conserva” cos testemuños das persoas que traballaron nas fábricas. Continuamos con outros títulos dedicados á Escola, á Música e aos Mariñeiros de Cangas.
Publicamos varios libros de temática variada como “A Pedra Labrada”, coa arte en pedra do Morrazo, “Cangas na literatura”, os cadernos “Mestres de Coiro” e “Doña Asunción”. Os traballos coas obras realizadas nos talleres da Cepa foron recollidos no libro “Obradoiros de Soños” e en “Ronsel de Lembranzas” recóllese en dous volumes unha antoloxía de personaxes de Cangas publicados durante tres anos no xornal Faro de Vigo.
Editamos tamén varios DVD (Os Gaiteiros do mar, Homenaxe do Morrazo a Manuel María, Ven cantar a Cangas) e colaboramos co grupo Varalonga na produción do disco Poetas populares volume I.
Nós últimos anos sacamos un libro coas actividades realizadas na asociación nos seus primeiros XXV anos de vida adicados a cultura de Cangas e outro sobre a obra do fotógrafo Ramón Ocaña.
E a vida da Cepa continuará e seguiremos mantendo viva a historia e a memoria da vila de Cangas. Lembrando sempre a nosa máxima: “Piano, piano, se va lontano”.
Redacción A Illa dos Ratos
-
Redacción A Illa dos Ratoshttps://ailladosratos.org/author/admin/05/02/2016
-
Redacción A Illa dos Ratoshttps://ailladosratos.org/author/admin/
-
Redacción A Illa dos Ratoshttps://ailladosratos.org/author/admin/26/06/2016
-
Redacción A Illa dos Ratoshttps://ailladosratos.org/author/admin/
24 comentarios
Mujeres del Mar (I): Rederas y ataderas » A Illa dos Ratos
[…] Texto elaborado por Lucía Sotelo Nogueira, socia de A Illa dos Ratos con fotografías cedidas por A.C. A Cepa […]
Mulleres do Mar (I): Redeiras e atadeiras » A Illa dos Ratos
[…] Texto elaborado por Lucía Sotelo Nogueira, socia de A Illa dos Ratos e fotografías cedidas por A.C. A Cepa […]
Recuerdos de Massó (VI): La ballenera » A Illa dos Ratos
[…] Texto elaborado por Serafín Parcero Pérez, maestro que ejerció en distintos centros de la provincia: C.P. Reibón y C. P. Seara, en Moaña, C.P. A Sangriña, en A Guarda, CEIP Espiñeira-Aldán y, finalmente, en el I.E.S María Soliño de Cangas hasta su jubilación, autor de los libros “Ollos de Cinsa” (premio Matilde Bares de Relatos de Muller), “Viúvas de vivos e de mortos” y “As illas dos deuses”. Trabajador ocasional de la ballenera de Massó en los años 70 del siglo pasado. Fotografías cedidas por la A.C A CEPA. […]
D. Félix Ozámiz Rodríguez-Sesmeros, "padre de los pobres" » A Illa dos Ratos
[…] dos Ratos, a partir de la información facilitada por Fernando Cuñarro Pintos, secretario de la A.C A Cepa. y de Suso […]
D. Félix Ozámiz Rodríguez-Sesmeros, "o pai dos pobres" » A Illa dos Ratos
[…] A Illa dos Ratos, a partir de información facilitada por Fernando Cuñarro Pintos, secretario da A.C A Cepa. e de Suso […]
Os libros da A.C. A CEPA » A Illa dos Ratos
[…] Texto elaborado por Fernando Cuñarro Pintos, secretario da A.C. A Cepa. […]
A guerra da sardiña (I) » A Illa dos Ratos
[…] Texto elaborado por Óscar Rodríguez Martínez, socio de A Illa dos Ratos. Fotografías cedidas pola A.C. A CEPA. […]
Jose Chapela González, "Pepe Chimé", primeiro alcalde da democracia en Cangas » A Illa dos Ratos
[…] Texto elaborado por Óscar Rodríguez Martínez, socio da Asociación A Illa dos Ratos, a partir da información facilitada por José María Rial Chapela, sobriño de Chimé. Fotografías cedidas polo arquivo fotográfico da A.C. A Cepa. […]
A Alianza Mariñeira de Cangas » A Illa dos Ratos
[…] Texto elaborado por Óscar Rodríguez Martínez, socio da Asociación A Illa dos Ratos, a partir da información recollida no libro “A alianza mariñeira de Cangas 1914-1916 no centenario da súa fundación”. Fotografías cedidas polo arquivo da A.C A Cepa. […]
Ramón Ocaña, o fotógrafo da Cangas do século XX » A Illa dos Ratos
[…] motivo da presentación do libro “Ocaña, unha saga de fotógrafos” editado pola A.C A Cepa, Fernando Cuñarro nos achega este artigo no que coñeceremos aspectos moi interesantes da vida do […]
Sarah Lorenzana: mestra, escritora e membro da real academia galega » A Illa dos Ratos
[…] Texto elaborado por Sara González Gallego, socia de A Illa dos Ratos, a partir da información e fotografías recollidas no libro “Acuarela de Soños, Sarah Lorenzana” editado pola A.C. A CEPA. […]
José Oliveira Avendaño "Oliveira" » A Illa dos Ratos
[…] dun libro escrito polo propio Oliveira, editado por Edicións Morgante en colaboración coa A.C A CEPA e a A.C Memoria Histórica 28 de Agosto de Cangas, no que se recolle en primeira persoa unha […]
Cangas 1617, A defensa da Vila » A Illa dos Ratos
[…] comisión encargada da decoración, xogou un papel moi relevante a A.C A Cepa que se ofreceu para a confección das bandeirolas que se empregarán na decoración das rúas e o […]
As marcas e produtos de "Massó" » A Illa dos Ratos
[…] Texto elaborado por Sara Martínez Costas. Historiadora de Arte. Fotografías cedidas pola A. C. A Cepa. […]
Lembranzas de Massó (V): A frota baleeira de Massó » A Illa dos Ratos
[…] Texto elaborado por Óscar Rodríguez Martínez, socio de A Illa dos Ratos a partir da información facilitada por Manuel Ermelo Giráldez que foi empregado en Massó durante máis de 40 anos na oficina técnica, o taller mecánico e no de electricidade. Fotografías cedidas pola A.C. A CEPA. […]
Antonio González Molanes " Tucho Perete " » A Illa dos Ratos
[…] Texto elaborado por Óscar Rodríguez Martínez, socio de A Illa dos Ratos, a partir de diversas fuentes y con la colaboración de Pablo, hijo de Tucho. Fotografías cedidas por la comparsa “Os de Sempre” y la A.C. A CEPA. […]
Antonio González Molanes " Tucho Perete " » A Illa dos Ratos
[…] Texto elaborado por Óscar Rodríguez Martínez, socio de A Illa dos Ratos en base a diversas fontes e coa colaboración de Pablo, fillo de Tucho. Fotografías cedidas pola comparsa “Os de Sempre” e a A.C. A CEPA. […]
Os libros de A CEPA » A Illa dos Ratos
[…] Texto elaborado por Fernando Cuñarro Pintos, secretario da A.C A Cepa. […]
Lembranzas de Massó (VI): A baleeira » A Illa dos Ratos
[…] Texto elaborado por Serafín Parcero Pérez, mestre que exerceu en distintos centros da provincia: C.P. Reibón e C. P. Seara, en Moaña, C.P. A Sangriña, en A Guarda, CEIP Espiñeira-Aldán e, finalmente, no I.E.S María Soliño de Cangas ata a súa xubilación, autor dos libros “Ollos de Cinsa” (premio Matilde Bares de Relatos de Muller), “Viúvas de vivos e de mortos” e “As illas dos deuses”. Traballador ocasional da baleeira de Massó nos anos 70 do século pasado. Fotografías cedidas pola A.C A CEPA. […]
Máis rutas guiadas no 2021 » A Illa dos Ratos
[…] Para os meses de setembro, outubro e novembro os ratos temos previsto realizar 14 rutas en colaboración co Concello de Moaña e inicialmente outras catro rutas en Cangas coa colaboración da A.C A CEPA. […]
O Ronsel de Lembranzas, un libro para recordar » A Illa dos Ratos
[…] Asociación Cultural A Cepa de Cangas leva 25 anos traballando por manter viva a memoria da nosa vila e promocionar a nosa […]
Cangas en la literatura » A Illa dos Ratos
[…] una colección parcial de textos literarios, históricos y periodísticos publicados por A.C A Cepa para conmemorar el Día del Libro 2016 donde encontrarás poesía, canciones, documentos, cuentos, […]
Cangas na literatura » A Illa dos Ratos
[…] é unha recompilación parcial de textos literarios, históricos e xornalísticos editado pola A.C A Cepa para conmemorar o Día do Libro de 2016 onde atoparedes poesías, cantigas, documentos, contos, […]
Ana María Soto Landeira, la asistenta social de Massó » A Illa dos Ratos
[…] el año 2010 fue homenajeada por la Asociación Cultural A Cepa de Cangas, y también por el Ayuntamiento de Bueu, en la Gala de la Igualdad dedicada a las mujeres […]