XXX ANIVERSARIO DA BANDA DE GAITAS DE COIRO

Texto elaborado por Óscar Rodríguez Martínez, socio de A Illa dos Ratos, a partir da información facilitada por Sara Malvido, membro fundador da A.F.C Tromentelo e dende o ano 2002, logo de cursar os seus estudos de canto e percusión na Aula de música tradicional da Universidade Popular de Vigo e de requinta e zanfona na ETRAD, tamén directora da Banda de Gaitas Tromentelo. As fotografías son do arquivo da asociación que leva Alba Barreiro, compoñente do grupo e encargada das súas redes sociais.

Un proxecto que comezou no seo da Anpa Fornobedo no Ceip Castrillón de Coiro coma actividade de gaita e percusión no curso 88-89

A.F.C TROMENTELO
Actuación de fin de curso no Ceip Castrillón de Coiro.

Tras converterse en Escola de gaitas e actividade extraescolar do centro, no curso 90/91, mudou en Banda de Gaitas baixo a dirección de Xaquín Camaño facendo a súa presentación como tal en maio do 91 dentro das II Xornadas Culturais “Muiño de Fausto” e sendo apadriñada polo mestre D. Antón Corral, director fundador da Banda de Gaitas Xarabal da Universidade Popular de Vigo.

A.F.C TROMENTELO
Formación orixinal da Banda de Gaitas Tromentelo diante da Igrexa de Coiro.

A día de hoxe a A.F.C Tromentelo segue colaborando co Ceip Castrillón impartindo Sara Malvido a actividade de gaita e percusión que tamén imparte na Escola da A.F.C Tromentelo xunto a canto tradicional.

Ademais, ao longo destes anos, a Escola da A.F.C Tromentelo foi ampliando as súas clases engadindo novas actividades como a escola de adultos. Comezaron con clases de tamboril impartidas por Luis Malvido e máis recentemente tamén ofrecen  acordeón e baile, actividades impartidas por Roberto Comesaña e Raquel Rodríguez respectivamente .

O repertorio musical da A.F.C Tromentelo está baseado nas raíces tradicionais, contando con pezas de prestixiosos compositores galegos e arranxos orixinais da propia banda

A Banda de Gaitas Tromentelo continúa coa súa traxectoria ascendente, contando na actualidade cunha formación de 25 compoñentes, entre gaitas e percusión misturando enriba do escenario a diferentes xeracións.

Sempre foi unha “banda de concerto” e ao longo de todos estes anos foi ampliando instrumentación e vestimenta.

Estes dous aspectos, xunto co movemento dos propios compoñentes no escenario tocando diferentes solos con instrumentos como acordeón, saxo ou a zanfona e a variada percusión tradicional galega, así como o baile dalgunhas das pezas, fan que a banda teña a súa propia seña de identidade.

A.F.C TROMENTELO

Ao longo de todos estes anos, esta agrupación non deixou de medrar, e iso trouxo aparelladas novas necesidades de diversificar e ampliar o seu campo de actuación para dar cobertura a distintos ámbitos do música tradicional galega, participando e colaborando con outras asociacións sen olvidar a importancia de dar un pulo a súa Escola de Música Tradicional.

Ademáis de participar en festas ao longo de todo o ano, a A.F.C Tromentelo tamén organiza diversas actividades encamiñadas a fomentar e dinamizar a nosa cultura en distintos ámbitos

  • Organización do Entroido na parroquia de Coiro, xunto con outros colectivos.

A.F.C TROMENTELO

  • A “Festa da Pombiña”, no 1º fin de semana de maio, é unha actividade para os nenos e nenas enmarcada dentro das Xornadas culturais do Muíño de Fausto.

A.F.C TROMENTELO

  • “Serán Muíño de Fausto”: Vense celebrando dende o ano 2002 na 2ª semana de maio.

A.F.C TROMENTELO

  • “Festival Folclórico Tromentelo”:  Nun intento por amosar o traballo da banda e achegar ao noso pobo grupos de outras zonas, creouse en 1997 o “Festival Folclórico Tromentelo”. Ao longo destes anos este festival consolidouse coma referente de calidade, diversidade e espectáculo, alternando grupos de fóra de Galicia con grupos da terra de indiscutible traxectoria  e representatividade da nosa tradición musical.

A.F.C TROMENTELO

  • “Festa de Outono”: Trátase dun tradicional magosto popular.
  • Concerto de Santa Icia.
  • Actuación nos Premios “Cacarexo”.
  • Cursos, charlas, monográficos, …
A.F.C TROMENTELO
Unha das charlas organizadas no centro cultural de Coiro con Antón Corral (Xarabal), Anxo Gago “Lito”, Xaquín Xesteira (Treixadura) e Pedro Fariñas (Banda de Gaitas Maria Soliño) e Sara Malvido (A.F.C Tromentelo).

Para conmemorar os seus aniversarios máis relevantes como Banda de Gaitas organizaron diversas exposicións e eventos culturais 

Aínda que a Asociación Cultural Folclórica Tromentelo naceu oficialmente o 28 de decembro do 2010, o certo e que como comentamos ao principio deste artigo, como Banda de Gaitas a agrupación ten unha historia moito máis longa que os seus membros celebran especialmente en cada aniversario.

No ano 2006, con motivo do XV Aniversario como Banda de Gaitas, organizouse unha exposición que fixo un percorrido polos nosos instrumentos e as diferentes vestimentas tradicionais que existen na nosa terra.

No ano 2011, coincidindo co XX Aniversario como Banda de Gaitas, organizouse unha exposición sobre os “Oficios e Labores, Música e Baile” e que amosaba a relación entre os traballos cotidiáns e a música tradicional. Esta exposición contou coa actuación dos pandereteiros e pandereteiras da A.C. O Fiadeiro.

Para celebrar o XXV Aniversario como Banda de Gaitas, no ano 2016 organízouse unha Gala musical no Auditorio, da que se grabou un DVD conmemorativo que sairía a venta a finais de 2017. Nesa ocasión tan especial participaron antigos compoñentes da agrupación e a “Coral Areas Gordas de Coiro”. Os organizadores tamén tiveron a honra de contar coa colaboración de Rodrígo Romaní, Anxo Pintos, Begoña Riobó, Xosé Liz, Antón Varela e Anxo Lorenzo, todos eles de recoñecido prestixio dentro da música tradicional tanto a nivel nacional como internacional. 

A traxectoria da A.F.C Tromentelo e difícil de sintentizar polo seu importante nivel de actividade cultural

A A.F.C Tromentelo conta cunha traxectoria musical tan extensa que resulta complicado elexir entre as innumerables actuacións e colaboracións levadas a cabo nestes máis de 30 anos de historia.

Destacariamos, por exemplo, as actuacións en Santiago, Porto ou Salamanca, con motivo das súas respectivas capitalidades culturais nos anos 2000, 2001 e 2002, respectivamente.

Tamén sería importante recordar os intercambios culturais que os seus membros fixeron con diversas zonas da xeografía española como Huesca nos anos 1997 e 2007, Albacete, O Bierzo, Málaga, Castellón, Asturias, Zaragoza, Murcia, León ou Torrelavega e as actuacións no veciño Portugal, en poboacións como Aveiro, Amarante, Barcelos, Penafiel, Sobrado,…

A.F.C TROMENTELO
Membros da A.F.C Tromentelo que participaron nun intercambio cultural en Torrelavega.
A.F.C TROMENTELO
Formación dunha das actuacións en Portugal.

Importantes foron tamén as actuacións nos Festivais Intercélticos de Avilés e do Morrazo, este último en distintos anos.

A A.F.C Tromentelo tamén participou en diferentes programas de televisión como “Desde Galicia para o Mundo”, “Galicia enteira”, “Vaia Troula”, “Grandes Lugares”, “Aquí Galicia” e “Ribeiras de Salitre”.

Todos os anos a Banda de Gaitas participa na Semana Santa do Concello de Cangas, declarada de Interese Turístico Galego.

A súa música estivo presente no mundo literario participando nas homenaxes de Manuel María no 2005; Bernardino Graña no 2007, Xosé Manuel Vazquez Pintor no 2010 e do gaiteiro Anxo Gago (Lito) no 2018.

En colaboración con diferentes entidades de carácter social, a A.F.C Tromentelo ven actuando en distintas galas benéficas que se celebran ao longo do ano, tales como Aspamsim, Adicam, Síndrome de Angelman, AECC, …

Por toda esta extensa labor cultural a A.F.C Tromentelo recibiu o Premio Cacarexo no ano 2017 pola labor de difusión e conservación das nosas tradicións.

O Festival Folclórico de Tromentelo convertiuse co paso dos anos nun referente cultural dentro da música e o baile tradicional galego

Polo festival da A.F.C Tromentelo pasaron grupos de indiscutible calidade tanto da nosa comunidade como do resto da xeografía española, ademais dalgúns conxuntos de recoñecido prestixio internacional, o que convertiu o Festival Foclórico Tromentelo nun referente cultural na nosa provincia.

1997    I FESTIVAL TROMENTELO

Banda de Gaitas Xarabal

Grupo de baile Lumieira

Agrupación Folklórica Roldán del Alto Aragón (Huesca)

1998    II FESTIVAL TROMENTELO

Grupo de baile Lumieira

Asociación Folclórica Corisco de Vigo

Banda de Gaitas Ancoradoiro de Santa Uxía de Ribeira

1999    III FESTIVAL TROMENTELO

Grupo de Baile Fiadeiro de Vigo

Banda de Gaitas Robaleira de Cedeira

2000    IV FESTIVAL TROMENTELO

Banda de Gaitas Esbardu (Asturias)

2001    V FESTIVAL TROMENTELO

Grupo Folclórico “El Tardón” (Alcaraz – Albacete)

2002    VI FESTIVAL TROMENTELO

Grupo de Baile “A Ponte Vella”

Ardentía

2003    VII FESTIVAL TROMENTELO

Grupo Folclórico Nuevas Raíces (Málaga)

Noutrora

2004    VIII FESTIVAL TROMENTELO

O Fiadeiro coa Gala “Esta noite hai unha fia”

2005    IX FESTIVAL TROMENTELO

Orquestra Folc Sondeseu

2006    X FESTIVAL TROMENTELO

Grupo de danzas San Sebastián de Fabara (Zaragoza)

2007    XI FESTIVAL TROMENTELO

Agrupación Folclórica Trompos os Pés

Pai da Cana

2008    XII FESTIVAL TROMENTELO

Grupo de danzas Estirpe de Aragonia (Huesca)

2009    XIII FESTIVAL TROMENTELO

Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos (Santiago de Compostela)

2011    XIV FESTIVAL TROMENTELO

Agrupación Folclórica “El Limonar” (Murcia)

2012    XV FESTIVAL TROMENTELO

Agrupación Folclórica Colexiata do Sar

2013    XVI FESTIVAL TROMENTELO

Obradoiro de Música Tradicional Ultreia

2014    XVII FESTIVAL TROMENTELO

Colectivo de Cultura Tradicional Leonesa Xeitu (León)

2015    XVIII FESTIVAL TROMENTELO

Asociación Cultural Traspés.

2016    XIX FESTIVAL TROMENTELO

Anxo Pintos

Agrupación Inquedanzas

Grupo Folc Ghaveta

2017    XX FESTIVAL TROMENTELO

Agrupación de danzas “Virgen de las Nieves” Torrelavega (Cantabria)

2018    XXI FESTIVAL TROMENTELO

A.C. Os Muiños de Oliveira

Pepe Vaamonde ¨Grupo

2019    XXII FESTIVAL TROMENTELO

Coro Cantigas da Terra  (A Coruña)

A.F.C TROMENTELO

Os membros da A.F.C Tromentelo tamén recordan con moito agarimo outras actuacións 

1995  Festival Intercéltico de Avilés

1997  Festival Folclórico Nacional de Huesca.

2001  Festival Folclórico de Alcaraz (Albacete).

2002  “Jornadas de Música tradicional y de Raíz Etnoelmántica 02 “

2004  Festival Folclórico Nuevas Raíces (Málaga)

         Día de Galicia (Guadalajara)

         Festa da Arribada (Baiona)

2006  Festival Folklórico  “Lucena del Cid”  Anfitrión  “La Perla de la Montaña” Castellón.

         Festival Intercéltico do Morrazo.

         Ponteareas.(Corpus)

         World Race Trade (Mundial de Catamaranes)

2007  Festival Intercéltico do Morrazo

         Festival Folklórico de Fabara (Zaragoza)

         Festival Folklórico Nacional Castillo Montearagón (Huesca)

2009  Festival Folclórico de Tineo (Asturias)

2012   Festival Nacional de Folklore de Murcia

2013   Colaboración co Gaiteiro Anxo Lorenzo.

A.F.C TROMENTELO

2017   Gala Floral de Torrelavega – Cantabria (Festa de Interés Turístico Nacional)

2018   Festival Folc Vilariño. (Muiñeira de Vilariño)

A.F.C TROMENTELO

Queremos agradecer a Sara Malvido e a Elisa, directora e secretaria respectivamente da A.F.C Tromentelo a súa boa disposición para a elaboración deste artigo. Estaremos atentos a vosa volta a actividade tras esta parada obrigada pola pandemia da Covid 19. Sabemos da vosa ilusión por esa primeira actuación do 17 de Maio con motivo dos Premios da Cultura do Concello de Cangas, e desexámosvos sorte para a Homenaxe a Xosé Manuel Pazos que se celebrará o vindeiro mes de xullo dentro da XXXIX Mostra Internacional de Teatro Cómico Festivo de Cangas.

Óscar Rodríguez Martínez
Presidente A Illa dos Ratos en | + artigos

Socio fundador de A Illa dos Ratos.

9 comentarios

  1. Éxito de la Conmemoración Histórica "A defensa da Vila - María Soliña 2024" » A Illa dos Ratos

    […] actuaciones y pasacalles diversos colectivos como A.C Peis d´hos, A.C Lembranzas da Ría, A.C.F Tromentelo, Grupo de Danzas Pais de San Roque, Lume de Karoso, Ameaça de bombo o la A.C María […]

  2. Éxito da Conmemoración Histórica "A defensa da Vila - María Soliña 2024" » A Illa dos Ratos

    […] actuacións e pasarrúas diversos colectivos como A.C Peis d´hos, A.C Lembranzas da Ría, A.C.F Tromentelo, Grupo de Danzas Pais de San Roque, Lume de Karoso, Ameaça de bombo ou a A.C María […]

  3. A defensa da Vila - María Soliña 2024 » A Illa dos Ratos

    […] actuaciones y pasacalles diversos colectivos como A.C Peis d´hos, A.C Lembranzas da Ría, A.C.F Tromentelo, Grupo de Danzas Pais de San Roque, Lume de Karoso, Ameaça de bombo o la A.C María […]

  4. A defensa da Vila - María Soliña 2024 » A Illa dos Ratos

    […] actuacións e pasarrúas diversos colectivos como A.C Peis d´hos, A.C Lembranzas da Ría, A.C.F Tromentelo, Grupo de Danzas Pais de San Roque, Lume de Karoso, Ameaça de bombo ou a A.C María […]

  5. A defensa da Vila - María Soliña 2023 » A Illa dos Ratos

    […] actuacións e pasarrúas diversos colectivos como A.C Peis d´hos, A.C Lembranzas da Ría, A.C.F Tromentelo, Grupo de Danzas Pais de San Roque, Lume de Karoso, a A.C María Soliña ou a Banda de Música […]

  6. Cangas 1617, A defensa da Vila » A Illa dos Ratos

    […] actuacións e pasarrúas diversos colectivos como A.C Peis d´hos, A.C Lembranzas da Ría, A.C.F Tromentelo, Grupo de Danzas Pais de San Roque, Lume de Karoso, a A.C María Soliña ou a Banda de Música […]

  7. Henrique Prado Miranda, escultor cangués » A Illa dos Ratos

    […] Henrique asumiu que se quería arrancar o proxecto nese mesmo ano, tería que recorrer a algún dos seus amigos para conseguir que cedesen algunha obra. Tras diversas xestións, conseguiu xuntar as catro pezas para o “Paseo das esculturas” que temos no paseo marítimo de Cangas, que se inaugurou en xullo de 2017 cun acto bastante sinxelo no que participou a Banda de Gaitas Tromentelo. […]

  8. Cangas 1617, A defensa da Vila » A Illa dos Ratos

    […] presupostarias que se manexaban, pero con independencia disto, Peis d´hos, Lembranzas da Ría, A.C.F Tromentelo, Grupo de Danzas Pais de San Roque, Ameaça de Bombo, a A.C María Soliña e a Banda de Música […]

  9. A A.C O Gato e a Festa Folc de Vilariño » A Illa dos Ratos

    […] 18, homenaxearemos ao “O Ghaiteiriño” na Noite Lumieira onde grupos como Lumieiras do Morrazo, Tromentelo, Retrouso de Cela e Os Chaneiros porán todo da súa parte para facernos gozar e […]

Deixa a túa resposta

O teu correo electrónico non será publicado. Os campos con * son obrigatorios

Podes usar estas etiquetas e atributos en HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable A Illa dos Ratos.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Dinahosting.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.