A ESCOLA ELEMENTAL DE PESCA DE CANGAS DE FELIPE CARNICER
Texto elaborado por Óscar Rodríguez Martínez, socio de A Illa dos Ratos.
D. Felipe Carnicer López era un mestre natural de Orera, un pequeño pobo cercano a Calatayud (Zaragoza), que contaba con experiencia en diversas escolas de orientación marítima da península.
No ano 1930 foi destinado a Cangas e aquí foi o impulsor da Escola Elemental de Pesca de Cangas, a primeira desas características a nivel nacional.
O proxecto de Carnicer, según explicaba nunha entrevista que concedeu no seu día ao Heraldo de Aragón, se basaba no feito de que á súa chegada a Galicia observou unha cousa ben curiosa. Aquí a maior parte dos armadores de pequenas embarcacións eran tan pobres que tiñan que facer eles mesmos de tripulantes e en lugar de ocupar os cargos de patrón ou motorista, ao non estar titulados, tiñan que pagarlle a alguén para que fixese esas labores.
O principal motivo desta falta de titulación era que ata ese momento soamente os mariñeiros e pescadores que vivían en portos importantes tiñan acceso aos estudos necesarios para desempeñar esas labores de patrón, motorista ou fogoneiro habilitado con ensino teórico e práctico.
Os mariñeiros de portos humildes poderían sacar o título de patrón ou motorista
Todo isto foi o que o inspirou para propoñer no Concello de Cangas a posibilidade de emprender xestións de cara á creación da Escola Elemental de Pesca de Cangas na que se realizaría unha formación heteroxénea destacando aspectos como:
- Clases de navegación: cartografía, reglamento de luces, maniobras e meteoroloxía a cargo dun capitán da mariña mercante.
- Clases de ensinanzas relativas a máquinas e caldeiras a cargo dun maquinista naval.
- Nocións de hixiene sanitaria relacionadas con feridas, queimaduras, pinchazos de peixes, vendaxes ou respiración asistida a cargo dun médico.
O que Carnicer buscaba era que a Escola Elemental de Pesca fose un medio para transformar por completo as vidas deses pobres mariñeiros que saían todos os días a loitar contra as adversidades do mar e que na maior parte dos casos non sabían se ían a voltar as súas humildes vidas.
Ao remate do seu primeiro curso en abril do 1934 a actividade pioneira realizada en Cangas chamaría a atención en distintos medios estatais feito de ter dado formación a 45 alumnos de entre 16 e 35 anos que recibirán ensinanzas de patrón, fogoneiro habilitado e motorista sendo a primeira vez que esta ensinanza se facía con prácticas en pesqueiros a vapor e con motor de explosión.
Óscar Rodríguez Martínez
Socio fundador de A Illa dos Ratos.
-
Óscar Rodríguez Martínezhttps://ailladosratos.org/author/oscar/
-
Óscar Rodríguez Martínezhttps://ailladosratos.org/author/oscar/02/06/2020
-
Óscar Rodríguez Martínezhttps://ailladosratos.org/author/oscar/15/06/2020
4 comentarios
D. Félix Ozámiz Rodríguez-Sesmeros, "padre de los pobres" » A Illa dos Ratos
[…] Escuela Elemental de Pesca de Cangas fue la primera Escuela Náutico Pesquera que funcionó en todo el Estado Español, un […]
D. Félix Ozámiz Rodríguez-Sesmeros, "o pai dos pobres" » A Illa dos Ratos
[…] Escola Elemental de Pesca de Cangas foi a primeira Escola Náutico Pesqueira que funcionou en todo o Estado Español, un […]
Carmen Freire
Tiene muy buena pinta
Pepe sANTOS "O poeta" » A Illa dos Ratos
[…] práctica, como Xosé Monge, Pepe Azpeitia na Fonte do Galo ou o mestre do Pósito de mariñeiros Felipe Carnicer. Este último, impulsou a creación da escola elemental de pesca en Cangas, sendo o primeiro centro […]