O SETEMBRO DE MARÍA

Texto elaborado por Luis Chapela Bermúdez, coñecido popularmente como Luis da Roxa.

Neste segundo relato da serie “Relatos da República”, Luis da Roxa achéganos a historia de María, a costureira dos pobres.

“Setembro sabe a uva, a reencontro como todos os anos no meu barrio, o que sempre está no corazón.

Son días de amizade, de palabra, de veciñanza, días de facer pobo, de escribir unha liña máis na nosa historia.

Nestes días nos que secan as fontes, e nacen flores por todas partes, de noites estreladas ata o infinito.

Así pasa este setembro que non é coma os outros últimos noventa e nove, pois neste deixounos a nosa costureira, a dos pobres.

Desde moi nena xa comezou a collerlle o xeito a maquina, e cando andaba polos 18 anos, os fascistas deron o golpe de estado, ela sabia ben onde tiña que estar.

Coas súas mans e a vella maquina coseu a bandeira da república, no lugar do Cunchal, sumándose a causa dos mariñeiros da CNT.

Estes tiñan un pequeno local preto da súa casa, onde ensinaban a ler e escribir, por parte, na súa familia a maioría dos homes estaban traballando no mar.

Por outra banda, María sabia ler e escribir, e aquelo para os fascistas era un delito grave, o medo xa entrara nas casas.

Un día na praia, María pasou por diante do que fora a Casa dos Mariñeiros, convertida en cárcere de tortura, foi obrigada a facer o saúdo fascista, ela negouse.

Foi levada para dentro e grazas a que o seu pai estivo lixeiro, pois xa era un patrón de ardora con moita sona, foi el quen liberouna de ser rapada, a sentenza xa tiña encima.

O seu traballo e dedicación, foi recoñecido varias veces, foi homenaxeada en outras tantas ocasións, tamén no seu barrio de Berducedo, María foi profeta na súa terra.

Sra. María, labrou un camiño de cen anos, sacou os fillos para diante, puntada a puntada, pedal a pedal, unha longa vida de moito traballo que rematou en setembro”.

Luis Chapela Bermúdez , verán 2018, Tirán, Moaña.

Luis Chapela Bermúdez, "Luis da Roxa" de Tirán
+ artigos

Deixa a túa resposta

O teu correo electrónico non será publicado. Os campos con * son obrigatorios

Podes usar estas etiquetas e atributos en HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable A Illa dos Ratos.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Dinahosting.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.