MÁIS DE 20 ANOS ADICADOS AS PERSOAS AFECTADAS POLO ALZHÉIMER E AS SÚAS FAMILIAS

Texto elaborado por Fina Cancelas, presidenta da Asociación de familiares de persoas con alzhéimer do Morrazo (AFAMO).

AFAMO traballa dende o ano 2000 polo benestar das persoas afectadas polo alzhéimer e as súas familias

Aló polo 14 de setembro do ano 2000, un grupiño de persoas unidas pola súa situación familiar decidiron crear a Asociación de Familiares de Persoas con Alzhéimer do Morrazo (AFAMO) e así poder darlle forma ás necesidades e demandas do seu colectivo: as persoas afectadas de alzhéimer e outras demencias.

AFAMO

Dende ese día ata hoxe pasaron anos cheos de evolución, aprendizaxe, cambios… pero sempre sen perder de vista o noso obxectivo principal: contribuír ao benestar das persoas afectadas, das persoas maiores e das súas familias.

Caracterizámonos por ofrecer unha atención integral e especializada, promovendo o envellecemento activo, a prevención e a detección precoz do deterioro cognitivo, e proporcionamos recursos e servizos que respondan ás súas necesidades buscando unha maior implicación da sociedade.

Na actualidade AFAMO conta con 245 socios e socias e está inscrita na Xunta de Galicia como asociación sen ánimo de lucro

En AFAMO temos dende 2007 a cualificación de Entidade de Utilidade Pública por parte do Ministerio de Interior e dende setembro de 2018 temos un sistema de Xestión de Calidade Certificado por AENOR segundo a norma UNE-EN-ISO 9001:2015.

Ademais, dispoñemos de Plan de Igualdade inscrito na Consellería de Economía, Emprego e Industria e formamos parte da Federación Alzhéimer Galicia (FAGAL) e da Confederación Española (CEAFA).

Nos primeiros anos a falta de recursos humanos, materiais e económicos fixo que AFAMO tivera que comezar a súa actividade traballando cun grupo reducido 

Cando unha asociacións nace, os inicios non resultan sinxelos. No caso de AFAMO tivemos que enfrontarnos a unha falta de medios que limitaba as nosas accións pero a día de hoxe podemos afirmar que, tras anos de traballo e crecemento progresivo, gozamos dunha estabilidade que nos permite que o número de persoas beneficiarias vaia aumentando cada ano.

Factores como o incremento da demanda social, á maior difusión e o coñecemento da enfermidade, foron determinantes para que no ano 2006 o Concello de Moaña nos cedese un local máis grande no que podemos asumir as funcións propias como Centro de Día de Atención Especializada.

AFAMO

Grazas a isto durante os seguintes anos fomos asumindo unha maior cobertura e calidade nos servizos o que repercutiu directamente no benestar das persoas afectadas, así como da súa familia.

No ano 2009 a Vicepresidencia de Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia convocou a contratación da xestión do servizo público do Centro de Día, que se integraría na Rede Galega de Centros de Día de Alzhéimer. AFAMO presentouse a este concurso público e foi entón cando logramos a adxudicación do mesmo por un período limitado.

A partir do ano 2010 fóronse creando diferentes Grupos de Estimulación, independentes do Centro, nos concellos da Comarca (Moaña, Cangas, Vilaboa e Bueu)

A finalidade deste grupiños é cubrir as necesidades das persoas que se atopan na lista de espera polo Centro de Día e non contan con recurso ningún por parte das institucións públicas.

Nestes grupos lévanse a cabo programas específicos que intentan, na medida do posible, manter  a independencia da persoa afectada o maior tempo posible, mentres que, a súa vez, ofrécese a persoa coidadora un tempo de respiro que facilita o seu autocoidado, o que repercute nunha maior calidade de vida para ambas.

AFAMO

No ano 2018 firmamos un convenio de colaboración co Concello de Moaña para levar a cabo os obradoiros de memoria en todas as parroquias que conforman o Concello. Neste obradoiro foméntase un envellecemento activo e saudable á vez que se pon en práctica a detección precoz ao detectar alteracións cognitivas nas máis de 190 persoas maiores de 65 anos.

No ano 2020, con data 13 de marzo, nos vimos na obriga de comunicar a suspensión temporal de todos os servizos, tanto no Centro coma nos Grupos de Estimulación debido ao Estado de Alarma Sanitaria decretado por Goberno. O illamento derivado da pandemia comezou a pasar factura a todas as persoas afectadas e a súas familias, polo que decidimos ofrecer un servizo nos seus domicilios de estimulación cognitiva, física e funcional así como, atención psicoloxía e apoio sanitario.

Por fin, en xullo de 2020 puidemos volver a abrir as portas para ir pouco a pouco volvendo á normalidade.

Agora, poñendo a vista nun futuro próximo, no 2022 temos previsto abrir un novo Centro de Día destinado a persoas maiores sen patoloxía dexenerativa

Este novo proxecto o levaremos a cabo sen cambiar o nosa visón do traballo, no que a vocación é a atención integral de calidade con profesionais altamente cualificados, no que a autonomía a dignidade e o trato respectuoso definen o noso marco xeral de traballo.

AFAMO

Queremos agradecer a Fina e a AFAMO  a súa boa disposición para a elaboración deste artigo onde nos achegan un pouco da súa historia que nos serve para poñer en valor a labor social tan importante que levan a cabo.

Fina Cancelas

Presidenta da Asociación de Familiares de Persoas con Alzhéimer do Morrazo (AFAMO).

Deixa a túa resposta

O teu correo electrónico non será publicado. Os campos con * son obrigatorios

Podes usar estas etiquetas e atributos en HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable A Illa dos Ratos.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Dinahosting.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.