19 RUTAS GUIADAS GRATUÍTAS PARA OUTONO DE 2023

Coa chegada do outono vos propoñemos unha maneira amena e didáctica de coñecer o noso entorno a través das nosas rutas guiadas.

Nesta ocasión presentámosvos “Descubre Moaña no outono 2023”, un proxecto de 8 rutas no que volvemos a colaborar co Concello de Moaña e “Outono en ruta 2023” que estará composto por 11 rutas diferentes nalgúns dos recunchos máis interesantes de Cangas.

Coma sempre as nosos rutas son totalmente gratuítas pero ao finalizar os percorridos, @s nos@s guías ofrecerán aos asistentes a posibilidade de facer unha colaboración simbólica e voluntaria a favor da nosa asociación que empregaremos para a realización doutros proxectos.

En “Descubre Moaña no outono 2023” volveremos a percorrer algúns dos lugares máis emblemáticos de Moaña

Neste programa os asistentes terán a oportunidade de descubrir a historia e algúns dos lugares máis interesantes da vila moañesa. 

Intermareal de Tirán

A Torre de Meira

A Poza da Moura de Domaio

Canteiras do litoral de Moaña

Literaria O último barco

San Martiño

Historia das rúas de Moaña

Mulleres da historia de Moaña

“Outono en ruta 2023”, once rutas diferentes para coñecer Cangas, as súa historia e recunchos 

O programa que deseñamos constará de once rutas diferentes que levaremos a cabo os fins de semana en horario matinal. Podedes consultar as características de cada un dos percorridos premendo enriba de cada un destes enlaces que vos levarán a nosa web:

Aldán, un condado a beira do mar

O Hío, de pedra en pedra

Cabo Home e a Costa da Vela

Massó, o sentir dun pobo

O Facho, gardián milenario

Cangas e o mar

Personaxes de Cangas

Historia das mulleres de Cangas

Casco histórico de Cangas

Cangas 1617, a defensa da vila

Cangas 1617, outro punto de vista

Se estades interesados en asistir teredes que darvos moita présa porque as prazas son limitadas e a demanda moi elevada 

Os interesados deben inscribirse previamente por whatsapp no 611 08 08 53. Nun principio teremos un límite de 30 prazas por ruta e unha vez sexan completadas, habilitaremos as correspondentes listas de espera que xestionaremos de forma activa.

Óscar Rodríguez Martínez
Presidente A Illa dos Ratos en | + artigos

Socio fundador de A Illa dos Ratos.

Deixa a túa resposta

O teu correo electrónico non será publicado. Os campos con * son obrigatorios

Podes usar estas etiquetas e atributos en HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable A Illa dos Ratos.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Dinahosting.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.