14 RUTAS GUIADAS GRATUÍTAS PARA COMEZAR 2024
Por oitavo ano consecutivo volvemos para propoñervos unha maneira amena e didáctica de coñecer o noso entorno a través das nosas rutas guiadas. Nesta ocasión presentamos “Descubre Moaña no inverno 2024”, un proxecto de 7 rutas no que volvemos a colaborar co Concello de Moaña e “Inverno en ruta 2024” que estará composto por 7 rutas en diferentes localizacións de Cangas.
Coma sempre as nosas rutas son totalmente gratuítas pero ao finalizar os percorridos, @s nos@s guías ofrecerán aos asistentes a posibilidade de facer unha colaboración simbólica e voluntaria a favor da nosa asociación que empregaremos para a realización doutros proxectos.
“Descubre Moaña no inverno 2024” incluirá sete das rutas mellor valoradas polos asistentes dos anos anteriores
Nestes percorridos pola vila moañesa teremos a oportunidade de descubrir a historia e algúns dos lugares máis interesantes de Moaña. As rutas que se levarán a cabo nesta ocasión serán:
“Mulleres da historia de Moaña“
En Cangas ofertaremos prazas para outras sete rutas, enmarcadas no programa “Inverno en ruta 2024”
Para Cangas presentamos un programa de rutas que inclúe grandes clásicos dos últimos anos como:
“Historia das mulleres de Cangas“
“Aldán, un condado á beira do mar“
Como novidade, todos os asistentes as nosas rutas dos programas de inverno entrarán nun sorteo de 4 pases individuais para acceder ao Club Termal do SPA Bienestar de Moaña e terán un 15% de desconto presentado o seguinte documento:
Se estades interesados en asistir teredes que darvos moita présa porque as prazas son limitadas e a demanda moi elevada
Como en ocasións anteriores os interesados deben inscribirse previamente por whatsapp no 611 08 08 53. Nun principio teremos un límite de 30 prazas por ruta e unha vez sexan completadas, habilitaremos as correspondentes listas de espera que xestionaremos de forma activa.
E dende a páxina de facebook “Historias do Morrazo” retomaremos os sorteos de libros relacionados coas rutas
Na nosa páxina de facebook Historias do Morrazo, o noso rato “Ratillán” viaxará cada semana a través do espazo e o tempo para levarnos aos interesantes momentos da nosa historia que aparecen recollidos nos artigos do noso blog.
Entre os seguidores da páxina imos a facer regularmente unha serie de sorteos de libros que gardan relación co Morrazo. Para que teñades unha idea, o ano pasado xa sorteamos exemplares de “Historia Fotográfica de Cangas. Século XX” (cortesía da A.C. A Cepa), “A pedra de ámbar gris” (Noa Setemuíños), “O último barco” (Domingo Villar, cortesía do Concello de Moaña), “As illas dos Deuses” (Serafín Parcero, cortesía da Editorial Xerais), ou “Canteiras do litoral de Moaña” (Tamara Campo Táboas, cortesía de Rinoceronte Editora e o seu selo Morgante).
Óscar Rodríguez Martínez
Socio fundador de A Illa dos Ratos.
-
Óscar Rodríguez Martínezhttps://ailladosratos.org/author/oscar/
-
Óscar Rodríguez Martínezhttps://ailladosratos.org/author/oscar/02/06/2020
-
Óscar Rodríguez Martínezhttps://ailladosratos.org/author/oscar/09/07/2020
Deixa a túa resposta