UN 2023 DE RUTAS E ACTIVIDADES PARA TODOS OS PÚBLICOS
Texto elaborado por Óscar Rodríguez Martínez, socio de A Illa dos Ratos.
Con este artigo queremos trasladar o noso agradecemento a todos os asistentes ás nosas rutas, aos colaboradores que redactaron artigos para o noso blog e aos establecementos e entidades colaboradoras, xa que sen a vosa participación e apoio isto non sería posible.
Para os nosos seguidores, o 2023 foi un ano cheo de rutas, actividades e interesantes contidos no “Blog dos Ratos”
A poucas semanas de que publiquemos o calendario de rutas para o inverno de 2024, chega o momento de facer balance deste ano que agora remata e de darvos as grazas a todas as persoas que participastes nas nosas actividades e que formades parte desta gran familia ratona.
Tamén estamos moi agradecidos a todos os establecementos e entidades que colaboraron apadriñando rutas na nosa web ou artigos no blog, con especial mención para o Concello de Moaña, Todomorrazo, Prosaúde, Conservas Lago Paganini, Dental Forte, Taberna Dos Chata, Naviera Nabia, El Bribón de la Habana, Acega Asesores, e Hotel Prado Viejo.
Coa vosa colaboración, fixestes posible un ano máis este fermoso proxecto e que puidésemos realizar as nosas rutas durante todo o ano, alcanzando un global de 647 rutas realizadas dende 2016 ás que asistiron 18.383 persoas.
Neste artigo falaremos precisamente delas, pero non queremos esquecernos de poñer en valor o crecemento experimentado polo “Blog dos Ratos“, un recurso que conta xa con máis de 180 artigos publicados sobre temas relacionados co Morrazo e a súa historia, e que reciben semanalmente máis de 950 subscritores e gozan os seguidores da páxina de facebook “Historias do Morrazo“.
A Illa dos Ratos fixo 89 rutas no 2023, cunha asistencia de 2.671 persoas
Cando comezamos con este proxecto no ano 2016, a nosa intención era dinamizar o noso entorno e, a través de rutas guiadas gratuítas, ofrecer unha forma amena e didáctica de coñecer e aprender a valorar os nosos recursos turísticos.
Con mesmo espírito e ilusión que o primeiro día, durante todo este ano colaboramos co Concello de Moaña organizando o programa “Descubre Moaña 2023”, e promovemos pola nosa conta “Cangas en ruta 2023”, un programa con percorridos por diferentes localizacións da vila que nos viu nacer.
“DESCUBRE MOAÑA 2023” contou con 11 rutas diferentes e coa novidade de dous novos percorridos, “A Torre de Meira” e “Historia das rúas de Moaña”
Neste programa, os asistentes tiveron a oportunidade de descubrir algúns dos aspectos e lugares máis interesantes de Moaña mediante 11 rutas: “A Moaña mariñeira“, “Canteiras do litoral de Moaña“, “San Martiño“, “Sendeiro da Fraga“, “Intermareal de Tirán“, “Mulleres da historia de Moaña“, “Sendeiro de Rialdarca“,“Literaria – O último barco” , “A Poza da Moura de Domaio“, e as grandes novidades deste ano, “A Torre de Meira” e “Historia das rúas de Moaña“.
Como en ocasións anteriores, os datos de asistencia volveron a ser excepcionais:
Nas 41 rutas realizadas na vila de Moaña asistiron 1.171 persoas, o que representa unha media de 28,56 persoas por ruta. As rutas máis repetidas nesta ocasión foron “A Poza da Moura de Domaio” (6), A Moaña mariñeira (5), Canteiras do litoral de Moaña (5) e San Martiño (5).
FOTOGRAFÍAS DAS RUTAS REALIZADAS EN MOAÑA
![Literaria Ultimo Barco 16 xullo 23](https://ailladosratos.org/wp-content/uploads/elementor/thumbs/Literaria-Ultimo-Barco-16-xullo-23-qhcjykzel7pkv8pysuseccme014vurv389h8rxbu6g.jpeg)
![Intermareal Tirán 01 out 23](https://ailladosratos.org/wp-content/uploads/elementor/thumbs/Intermareal-Tiran-01-out-23-qhcjyga7n1j596wskar9hvt313s1sacfjm7tdjit1k.jpeg)
![A Torre de Meira 18 xuño 23](https://ailladosratos.org/wp-content/uploads/elementor/thumbs/A-Torre-de-Meira-18-xuno-23-qhcjxyfa16up4lmqgl1coibbqs82q1dj55tl9a9abs.jpeg)
![Sendeiro de Rialdarca 11 xuño 23](https://ailladosratos.org/wp-content/uploads/elementor/thumbs/Sendeiro-de-Rialdarca-11-xuno-23-qhcjyy558w7lds6uo0h6b9aubfc0ujbby2m1hssbrc.jpeg)
![A Moaña mariñeira 12 ago 23](https://ailladosratos.org/wp-content/uploads/elementor/thumbs/A-Moana-marineira-12-ago-23-qhcjxig0t08tn89y1w4p04chn8eu36m3eyqc3kwz9k.jpeg)
![A Poza da Moura 20 ago 23](https://ailladosratos.org/wp-content/uploads/elementor/thumbs/A-Poza-da-Moura-20-ago-23-qhcjxp0w4uhtwi0dzgz2zkopsxiel2c7rvaqgin820.jpeg)
![Historia das rúas de Moaña 4 xuño 23](https://ailladosratos.org/wp-content/uploads/elementor/thumbs/Historia-das-ruas-de-Moana-4-xuno-23-qhcjy5xzjv4zphbt8oad8gf0hv70fm7du71h3hy4y0.jpeg)
![A Torre de Meira 10 set 23](https://ailladosratos.org/wp-content/uploads/elementor/thumbs/A-Torre-de-Meira-10-set-23-qhcjxtq330o9ijtk8107u1i0ruv8njuvgik5uwg96w.jpeg)
![Historia das rúas de Moaña 17 xullo 23](https://ailladosratos.org/wp-content/uploads/elementor/thumbs/Historia-das-ruas-de-Moana-17-xullo-23-qhcjybl0ovcpn53mbqq4nezs26f7pstruyydz5prwo.jpeg)
![Sendeiro da Fraga 30 set 23](https://ailladosratos.org/wp-content/uploads/elementor/thumbs/Sendeiro-da-Fraga-30-set-23-qhcjyvbmoe3qeyay4h9als0gj9px7g04xonl1ywia0.jpeg)
![A Torre de Meira 18 set 23](https://ailladosratos.org/wp-content/uploads/elementor/thumbs/A-Torre-de-Meira-18-set-23-qhcjxvlrgoqu5rqtx1tgz10xymlz2y2c4rv4tgdgug.jpeg)
![Historia das rúas de Moaña 19 nov 23](https://ailladosratos.org/wp-content/uploads/elementor/thumbs/Historia-das-ruas-de-Moana-19-nov-23-qhcjyeej9dgklyziv9y0cwa5uc1bcw4yvcwuezlle0.jpeg)
![Canteiras do litoral de Moaña 18 xullo 23](https://ailladosratos.org/wp-content/uploads/elementor/thumbs/Canteiras-do-litoral-de-Moana-18-xullo-23-qhcjy0ayeux9rtk05lulthu8xjyt5fkztf4k7u6hzc.jpeg)
![A Moaña mariñeira 22 xullo 23](https://ailladosratos.org/wp-content/uploads/elementor/thumbs/A-Moana-marineira-22-xullo-23-qhcjxm7dkcdyxo4hfxr7a3ec0rwaxz10rhca0oreko.jpeg)
![Historia das rúas de Moaña 06 ago 23](https://ailladosratos.org/wp-content/uploads/elementor/thumbs/Historia-das-ruas-de-Moana-06-ago-23-qhcjy8ri4d8uob7ps7i8xxpea0t42pikukzxjbtyfc.jpeg)
![A Poza da Moura de Domaio 29 xullo 23](https://ailladosratos.org/wp-content/uploads/elementor/thumbs/A-Poza-da-Moura-de-Domaio-29-xullo-23-qhcjxruepclovbwaj06yp1z3l34i85nes996wcj1jc.jpeg)
![Intermareal Tirán 2 set 23](https://ailladosratos.org/wp-content/uploads/elementor/thumbs/Intermareal-Tiran-2-set-23-qhcjyj3q7jn080sp3tz57d3gt9e5fdnmk069tdemiw.jpeg)
![Canteiras do litoral de Moaña 29 xullo 23](https://ailladosratos.org/wp-content/uploads/elementor/thumbs/Canteiras-do-litoral-de-Moana-29-xullo-23-qhcjy34gzd14qnfwp52hiz4mppkwsiw6tt30no2bgo.jpeg)
![Mulleres da historia de Moaña 27 nov 23](https://ailladosratos.org/wp-content/uploads/elementor/thumbs/Mulleres-da-historia-de-Moana-27-nov-23-qhcjyoqrcjuq5oki6wewmbo8dkmcpka0ks36p169hk.jpeg)
![San Martiño 11 nov 23](https://ailladosratos.org/wp-content/uploads/elementor/thumbs/San-Martino-11-nov-23-qhcjysi43vzvg4f1ky1ewaq2r43tkcoxxap4m50oso.jpeg)
“CANGAS EN RUTA 2023”: ampla variedade de rutas e contidos
Entre as 18 rutas diferentes que levamos a cabo en Cangas, destacaron grandes clásicos como “Massó, o sentir dun pobo“, “Cangas 1617, A defensa da Vila”, “O Facho, gardián milenario” ou “Aldán, un condado a beira do mar“, todas elas cuns datos de asistencia impresionantes:
En total, no ano 2023 fixemos en Cangas 47 rutas ás que asistiron 1.460 persoas, o que representa unha media de 31,06 persoas por ruta. Os percorridos que realizamos en máis ocasións foron “Massó, o sentir dun pobo” (8), “Intermareal de Areamilla” (6) e “Cangas 1617, A defensa da Vila” (4).
FOTOGRAFÍAS DAS RUTAS REALIZADAS EN CANGAS
![Massó 1 xullo 23](https://ailladosratos.org/wp-content/uploads/elementor/thumbs/Masso-1-xullo-23-qhciuy4eepgbb6ak8q0q7coo94hpa8ijs3669w3gjs.jpeg)
![Aldán 9 xullo 23](https://ailladosratos.org/wp-content/uploads/elementor/thumbs/Aldan-9-xullo-23-qhciu8qra6hklpbfcx1su1387pysiepsolk2bf537s.jpeg)
![RUTA REPUBLICA 2023 AGO (2)](https://ailladosratos.org/wp-content/uploads/elementor/thumbs/RUTA-REPUBLICA-2023-AGO-2-qbn099ojewtlni29alww8rkukg5n8kr3fkrklzf4aw.jpg)
![Senda costeira Areamilla 13 ago 23](https://ailladosratos.org/wp-content/uploads/elementor/thumbs/Senda-costeira-Areamilla-13-ago-23-qhcivgx67e61rdj96y59l7xw4tx1k6l6io7vvfbl3c.jpeg)
![O Hio, de pedra en pedra 25 set 23](https://ailladosratos.org/wp-content/uploads/elementor/thumbs/O-Hio-de-pedra-en-pedra-25-set-23-qhcivacavjx1i3st9davlrlnz4th2av25rnhihlcaw.jpg)
![Cangas 1617 A defensa da Vila 16 dec 23](https://ailladosratos.org/wp-content/uploads/elementor/thumbs/Cangas-1617-A-defensa-da-Vila-16-dec-23-qhciuj2zdcvq5eweojip3ghaqyjtv2uue0qelgprbc.jpeg)
![Aldán 25 set 23](https://ailladosratos.org/wp-content/uploads/elementor/thumbs/Aldan-25-set-23-qhciubk9uolfkj7bwg9ojidlzvkw5i0zoziir90wp4.jpeg)
![Cabo Home 8 out 23](https://ailladosratos.org/wp-content/uploads/elementor/thumbs/Cabo-Home-8-out-23-qhciudfy8co07r4llh2xohwj6nbmkw8gd8thpsy4co.jpeg)
![Cabo Home 29 set 23](https://ailladosratos.org/wp-content/uploads/elementor/thumbs/Cabo-Home-29-set-23-qhciug9gsurv6l0i50atdz6wysxq7zjndmry5mtxu0.jpeg)
![Cangas 1617 Outro Punto de Vista 17 dec 23](https://ailladosratos.org/wp-content/uploads/elementor/thumbs/Cangas-1617-Outro-Punto-de-Vista-17-dec-23-qhciulwhxuzl48sb82qksxroj45xi661eeov1alkso.jpeg)
![RUTA REPUBLICA 2023 ABR (2)](https://ailladosratos.org/wp-content/uploads/elementor/thumbs/RUTA-REPUBLICA-2023-ABR-2-qbn0jlwmlaz5d31kx2t5o5ndt16zwpssur3unk37uw.jpg)
![Cangas 1617, a defensa da vila 21 xulllo 23](https://ailladosratos.org/wp-content/uploads/elementor/thumbs/Cangas-1617-a-defensa-da-vila-21-xulllo-23-qhciuoq0id3g32o7rlygif22b9s159h8esnbh4hea0.jpeg)
![Cangas e o mar 12 nov 23](https://ailladosratos.org/wp-content/uploads/elementor/thumbs/Cangas-e-o-mar-12-nov-23-qhciuqlow160qalhgmrpnekzi1irknop31yafoelxk.jpeg)
![Casco Histórico Cangas 2 dec 23](https://ailladosratos.org/wp-content/uploads/elementor/thumbs/Casco-Historico-Cangas-2-dec-23-qhciushd9p8ldiir5nkyse3wot9i01w5rb99e8btl4.jpeg)
![Intermareal Areamilla 17 set 23](https://ailladosratos.org/wp-content/uploads/elementor/thumbs/Intermareal-Areamilla-17-set-23-qhciuvavu7cgccenp6suhveagyvln57crp7pu27n2g.jpeg)
![Massó 5 ago 23](https://ailladosratos.org/wp-content/uploads/elementor/thumbs/Masso-5-ago-23-qhciv0xwz7k6a06gs98lwtz21a3sxbtqsh4mppza14.jpeg)
![Massó 27 agosto 23](https://ailladosratos.org/wp-content/uploads/elementor/thumbs/Masso-27-agosto-23-qhciv2tlcvmqx83qha1v1thz81ujcq17gqflo9whoo.jpeg)
![Mulleres de Cangas 27 nov 23](https://ailladosratos.org/wp-content/uploads/elementor/thumbs/Mulleres-de-Cangas-27-nov-23-qhciv5n3xdqlw1zn0t9qrasd07gmztceh4e243sb60.jpeg)
![O Facho 19 nov 23](https://ailladosratos.org/wp-content/uploads/elementor/thumbs/O-Facho-19-nov-23-qhciv8gmhvuguvvjkchmgs2qsd2qmwnlhicijxo4nc.jpeg)
![Personaxes de Cangas 18 nov 23](https://ailladosratos.org/wp-content/uploads/elementor/thumbs/Personaxes-de-Cangas-18-nov-23-qhcivc7z97zm5bq2ye44qr4l5wk7hp2iu0ygh1ijyg.jpeg)
![Rúas con Historia 18 ago 23](https://ailladosratos.org/wp-content/uploads/elementor/thumbs/Ruas-con-Historia-18-ago-23-qhcive3nmw26sjncnexdvqnicoaxx39zia9fflfrm0.jpeg)
Agardamos volver a contar coa vosa participación e apoio en 2024, xa que sen vós o noso labor non tería sentido
Dentro dunhas semanas anunciaremos os programas de rutas para a temporada de inverno. Como sempre poderedes obter información e inscribirvos por whatsapp no 611 08 08 53. Se estades interesados en asistir, teredes que estar moi atentos porque para manter a calidade das rutas haberá un límite de 30 prazas. Unha vez sexan completadas, habilitaremos as correspondentes listas de espera que xestionaremos de forma activa.
MOITAS GRAZAS A TOD@S POR FORMAR PARTE DESTE FERMOSO PROXECTO E
DESTA GRAN FAMILIA RATONA ¡¡¡
Óscar Rodríguez Martínez
Socio fundador de A Illa dos Ratos.
-
Óscar Rodríguez Martínezhttps://ailladosratos.org/author/oscar/
-
Óscar Rodríguez Martínezhttps://ailladosratos.org/author/oscar/02/06/2020
-
Óscar Rodríguez Martínezhttps://ailladosratos.org/author/oscar/09/07/2020
Un comentario
Ana
Un pracer formar parte desta gran familia ratona e poder participar nas rutas, que son moi interesantes e amenas.