23 RUTAS GUIADAS GRATUÍTAS PARA O VERÁN DE 2023

A punto de alcanzar as 600 rutas, polas que pasaron máis de 17.000 persoas, esta será a oitava ocasión na que coa chegada do verán vos propoñamos unha maneira amena e didáctica de coñecer o noso entorno a través das nosas rutas guiadas.

Nesta ocasión presentámosvos “Descubre Moaña no verán 2023”, un proxecto de 13 rutas no que volvemos a colaborar co Concello de Moaña e “Verán en ruta 2023” que estará composto por 10 rutas en diferentes localizacións de Cangas.

Coma sempre as nosos rutas son totalmente gratuítas pero ao finalizar os percorridos, @s nos@s guías ofrecerán aos asistentes a posibilidade de facer unha colaboración simbólica e voluntaria a favor da nosa asociación que empregaremos para a realización doutros proxectos.

En “Descubre Moaña no verán 2023” coñeceremos os lugares máis emblemáticos de Moaña e as historias que agochan 

Neste programa os asistentes terán a oportunidade de descubrir a historia e algúns dos lugares máis interesantes da vila moañesa. Das trece rutas que propoñemos, tres celebraranse os venres as 20:00 h.

Nesta ocasión combinaremos clásicos como “San Martiño“, “A Moaña mariñeira“, “A Poza da Moura de Domaio“, “Literaria O último barco“, “Sendeiro da Fraga“, “Canteiras do litoral de Moaña” ou “Intermareal de Tirán” coas dúas rutas novas que estreamos no pasado programa de primavera con moi boa acollida baixo os títulos “Historia das rúas de Moaña” e “A Torre de Meira“.

“Verán en ruta 2023”, dez rutas para os meses de xuño, xullo, agosto e setembro, incluíndo tres en horario de serán 

Para Cangas deseñamos un programa moi completo que constará de 10 rutas. Retomaremos algúns dos percorridos con máis demanda nos últimos anos como “Massó, o sentir dun pobo“, “Cabo Home e a Costa da Vela“, “Intermareal, mar a vista“, “Cangas 1617, A defensa da vila“, “Aldán, un condado a beira do mar“, “Senda Costeira de Areamilla” ou “Rúas con historia” e incorporamos en agosto unha edición especial da ruta “Cangas na república” con motivo do 87 aniversario do asasinato dos Mártires do Anguieiro.

Se estades interesados en asistir teredes que darvos moita présa porque as prazas son limitadas e a demanda moi elevada 

Os interesados deben inscribirse previamente por whatsapp no 611 08 08 53. Nun principio teremos un límite de 30 prazas por ruta e unha vez sexan completadas, habilitaremos as correspondentes listas de espera que xestionaremos de forma activa.

Óscar Rodríguez Martínez
Presidente A Illa dos Ratos en | + artigos

Socio fundador de A Illa dos Ratos.

Deixa a túa resposta

O teu correo electrónico non será publicado. Os campos con * son obrigatorios

Podes usar estas etiquetas e atributos en HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable A Illa dos Ratos.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Dinahosting.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.