EXTRA, EXTRA!: A ILLA DOS RATOS RETOMA A SÚA ACTIVIDADE

Volven as rutas guiadas! Cantas gañas tiñamos de darvos esta nova. Grazas a mellora dos datos de contaxios relativos á pandemia da Covid 19 e ao bo ritmo das vacinacións poderemos, por fin, retomar a nosa actividade.

Farémolo coma sempre: cumprindo con todos os requisitos de seguridade e co límite de asistentes que indiquen as autoridades en cada momento.

En Cangas teremos a sexta edición do programa de rutas do verán baixo a denominación VERÁN EN RUTA 2021 

Para a nosa volta a Cangas consensuamos un programa de rutas moi completo e atractivo coa Concellería de Cultura, Servizos, Enerxía e Turismo que inclúe grandes clásicos dos últimos anos como “Massó, o sentir dun pobo“, “O Facho, gardián milenario“, “Cangas 1617, A defensa da Vila” ou a sempre especial “Intermareal de Areamilla, mar á vista!” e tamén algunha ruta menos habitual como “Serra da Madalena“. “O Hío, de pedra en pedra“, “Cabo Home“, “Senda costeira de Areamilla“, “Muíños de Coiro” completan o programa.

Volven as rutas guiadas ¡¡¡

En Moaña repetiremos as rutas que tanto éxito colleitaron nos anos anteriores en DESCUBRE MOAÑA NO VERÁN 2021

Tamén teremos a oportunidade de descubrir os lugares máis interesantes e toda a historia de Moaña cun novo programa de rutas para os meses de xuño, xullo e agosto que estará composto por 14 rutas. No que respecta aos percorridos, ofertamos prazas para rutas como “Ruta literaria, O último barco“, “A Moaña mariñeira“, “Canteiras do litoral de Moaña“, “San Martiño“, “Sendeiro da Fraga” e “Sendeiro de Rialdarca“.

A principios de agosto teremos un fin de semana moi especial con 4 rutas, 2 en horario de tarde e 2 en horario habitual, coincidindo con XV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia que se celebrará en Moaña e que organizarán Culturmar, a Asociación Cultural e Recreativa Sueste xunto co Concello de Moaña e outros colectivos da contorna.

Volven as rutas guiadas ¡¡¡

Se estades interesados en asistir teredes que darvos moita présa porque as prazas serán moi limitadas 

Os interesados poden inscribirse previamente por whatsapp no 611 08 08 53 xa que teremos un límite de prazas que iremos axustando segundo a evolución da pandemia. 

Redacción A Illa dos Ratos
+ artigos

Un comentario

  1. Carmen Iglesias Rosales

    Me alegro moito que poidamos volver a compartir esas rutas tan interesantes paisaxisticas e culturais, espero que ampliedes o número de inscripcións para poder participar nelas.

Deixa a túa resposta

O teu correo electrónico non será publicado. Os campos con * son obrigatorios

Podes usar estas etiquetas e atributos en HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable A Illa dos Ratos.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Dinahosting.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.