¿Gustaríache gañar unha viaxe en veleiro pola Ría de Vigo ou un almorzo buffet para dúas persoas no Rodeiramar 2A? Participa no sorteo en Instagram e poderás conseguilo. E ademáis, tamén estarás a contribuir (un pouquiño) en reducir a cantidade de plásticos que enchen as nosas praias. Esta é a nosa forma de celebrar esta semana mundial polo planeta que comeza co Día Mundial do Medio Ambiente o 5 de xuño e remata co Día Mundial dos Océanos o 8 de xuño. Participar no sorteo é moi sinxelo, isto é o que tes que facer:
  • Publica unha fotografía no teu Instagram recollendo lixo na praia
  • Etiquétanos na fotografía @ailladosratos
  • Engade a ubicación da praia na que estea feita a foto
  • Segue a nosa conta de Instagram @ailladosratos
Lembra empregar os hashtag #DíaMundialDosOcéanos e #NonMáisPlástico na publicación que fagas, e entre todas as persoas participantes conseguiremos darlle visibilidade a un problema real. Segundo Nacións Unidas, cada ano fíltranse 13 millóns de toneladas de plástico no océano, o que provoca, entre outros danos, a morte de 100 mil especies mariñas. Datas do sorteo e publicación das persoas gañadoras: Poderás participar no sorteo entre o mércores 5 de xuño ata o domingo 9 de xuño a medianoite. A semana seguinte publicaremos as persoas gañadoras no noso Instagram. Se non o fas aínda, segue o noso perfil en Instagram @ailladosratos para saber se gañaches estes estupendos premios 😉 Consulta as bases legais para máis información.
Redacción A Illa dos Ratos
+ artigos

Deixa a túa resposta

O teu correo electrónico non será publicado. Os campos con * son obrigatorios

Podes usar estas etiquetas e atributos en HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable A Illa dos Ratos.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Dinahosting.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.