AS MULLERES IMPRESCINDIBLES DA NOSA HISTORIA

Texto elaborado por Óscar Rodríguez Martínez, socio da Asociación A Illa dos Ratos.

Este fin de semana faremos dúas rutas sobre mulleres da historia do Morrazo polo 25 N

Coincidindo cos actos organizados o vindeiro 25 de novembro con motivo do “Día Internacional pola eliminación da violencia contra as mulleres”, realizaremos dúas rutas sobre mulleres relevantes da historia do Morrazo.

Os percorridos serán este sábado en Moaña e o domingo en Cangas, en ambos casos a partir das 10:30 h, e quedades convidados a participar nesta iniciativa que cremos importante e necesaria para poñer en valor algunhas das figuras máis relevantes da nosa historia en feminino.

O sábado 23 terá lugar a ruta “Mulleres da historia de Moaña”

Mulleres da historia do Morrazo

Coñeceremos as historias inspiradoras que hai detrás dalgunhas das mulleres máis relevantes da vila de Moaña ao longo do tempo.

Ademais de falar da importancia da incorporación das mulleres ao mundo laboral en actividades como as carreiras ou o marisqueo, adicaremos especial atención a figuras como Elisa de la Peña González (activista feminista e cultural), Lela Soage (fundadora da Protectora de Animais do Morrazo), Tania Castiñeira (taekwondista) ou Lola Diz e Leonor Rosales (impulsoras do folclore e o baile galego no Morrazo).

O domingo 24 será o momento para contar a “Historia das mulleres de Cangas”

Mulleres da historia do Morrazo

Percorreremos rúas e visitaremos lugares senlleiros de Cangas do Casco histórico como a Ex- Colexiata, ou a Casa da Bola mentres coñecemos detalles dalgunhas das mulleres que deixaron pegada no pobo polas súas contribucións en diferentes ámbitos como a cultura, o deporte, a educación ou a política.

Adicaremos tempo a figuras da nosa historia con nome propio como María Soliño, Fina Acuña (fundadora de Adicam), Carmiña Pérez Alonso (impulsora do folclore e o baile galego no Morrazo) ou Susana Cordeiro Coya (30 veces campiona do mundo All Styles de artes marciais) e tamén a colectivos como as peixeiras ou as redeiras.

En ambos casos será necesario realizar inscrición previa enviando un whasap ao 611080853 indicando nome completo, ruta e número de prazas.

VÉN DE RUTA COS RATOS ¡¡¡

Óscar Rodríguez Martínez
Presidente A Illa dos Ratos en | + artigos

Socio fundador de A Illa dos Ratos.

Deixa a túa resposta

O teu correo electrónico non será publicado. Os campos con * son obrigatorios

Podes usar estas etiquetas e atributos en HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable A Illa dos Ratos.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Dinahosting.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.