AS MULLERES IMPRESCINDIBLES DA NOSA HISTORIA

Texto elaborado por Óscar Rodríguez Martínez, socio da Asociación A Illa dos Ratos.

Este fin de semana faremos dúas rutas sobre mulleres da historia do Morrazo polo 8M

Coincidindo cos actos organizados o vindeiro 8M con motivo do “Día Internacional da muller”, realizaremos tres rutas sobre mulleres relevantes da historia do Morrazo.

Os percorridos serán este sábado 7 de marzo en Moaña ás 10:30 h, o domingo 8 de marzo en Cangas a partir das 10:00 h, e o sábado 14 en Bueu a partir das 10:30h, e quedades convidados a participar nesta iniciativa que cremos importante e necesaria para poñer en valor algunhas das figuras máis relevantes da nosa historia en feminino.

O sábado 7 terá lugar a ruta “Mulleres da historia de Moaña”

Coñeceremos as historias inspiradoras que hai detrás dalgunhas das mulleres máis relevantes da vila de Moaña ao longo do tempo.

Ademais de falar da importancia da incorporación das mulleres ao mundo laboral en actividades como as carreiras ou o marisqueo, dedicaremos especial atención a figuras como Elisa de la Peña González (activista feminista e cultural), Lela Soage (fundadora da Protectora de Animais do Morrazo), Tania Castiñeira (taekwondista) ou Lola Diz e Leonor Rosales (impulsoras do folclore e o baile galego no Morrazo).

O domingo 08 será o momento para contar a “Historia das mulleres de Cangas”

Percorreremos rúas e visitaremos lugares senlleiros de Cangas do Casco histórico como a Ex- Colexiata, ou a Casa da Bola mentres coñecemos detalles dalgunhas das mulleres que deixaron pegada no pobo polas súas contribucións en diferentes ámbitos como a cultura, o deporte, a educación ou a política.

Dedicaremos tempo a figuras da nosa historia con nome propio como María Soliño, Fina Acuña (fundadora de Adicam), Carmiña Pérez Alonso (impulsora do folclore e o baile galego no Morrazo) ou Susana Cordeiro Coya (30 veces campioa do mundo All Styles de artes marciais) e tamén a colectivos como as peixeiras ou as redeiras.

O sábado 14 coñeceremos “Mulleres da historia de Bueu”

Sairemos da escultura “Inés-Palmira” do artista José Solla e percorreremos as rúas da vila recordando a mulleres pioneiras en diferentes eidos como Sofía Gómez Buceta (primeira funcionaria do Concello), Susi Acuña (emprendedora) ou Agripina Cabaleiro Piñeiro (empregada da antiga gasolineira da Praza), mulleres que dedicaron a súa vida aos demais como Amalia Domínguez Búa (mestra e filántropa), Matilde Bares (mestra) ou María Eugenia Bolívar Sequeiros (parteira), e tamén a colectivos relevantes da vila como as peixeiras, as empregadas da conserveira Massó ou as redeiras.

Para poder asistir, será necesario realizar inscrición previa enviando un whasap ao 611080853, indicando nome completo, ruta e número de prazas.

VÉN DE RUTA COS RATOS ¡¡¡

Óscar Rodríguez Martínez
Presidente A Illa dos Ratos en | + artigos

Socio fundador de A Illa dos Ratos.

Deixa a túa resposta

O teu correo electrónico non será publicado. Os campos con * son obrigatorios

Podes usar estas etiquetas e atributos en HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable A Illa dos Ratos.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Dinahosting.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.