14 RUTAS GUIADAS GRATUÍTAS PARA O VERÁN DE 2024 

Logo de superar as 700 rutas e a cota dos 20.000 asistentes, esta será a novena ocasión na que coa chegada do verán vos propoñamos unha maneira amena e didáctica de coñecer o noso entorno a través das nosas rutas guiadas.

Nesta ocasión presentámosvos “Descubre Moaña no verán 2024”, un proxecto de 14 rutas no que volvemos a colaborar co Concello de Moaña

Coma sempre as nosos rutas son totalmente gratuítas pero ao finalizar os percorridos, @s nos@s guías ofrecerán aos asistentes a posibilidade de facer unha colaboración simbólica e voluntaria a favor da nosa asociación que empregaremos para a realización doutros proxectos.

En “Descubre Moaña no verán 2024” coñeceremos as historias que agochan algúns dos lugares máis emblemáticos de Moaña

Neste programa os asistentes terán a oportunidade de descubrir a historia dalgúns dos lugares máis interesantes da vila moañesa e estrearemos unha ruta nova en Meira: o “Sendeiro do Barranco do Faro”.

Das catorce rutas que propoñemos, once terán lugar os sábados e domingos pola mañá e as tres restantes celebraranse un xoves e dous venres en horario de tarde.

Podedes consultar as características de cada unha das rutas nos seguintes enlaces á nosa web:

A Moaña mariñeira

A Torre de Meira

Canteiras do litoral de Moaña

San Martiño

A Poza da Moura de Domaio

Literaria O último barco

Historia das rúas de Moaña

“Sendeiro do Barranco do Faro” (nova)

Sendeiro da Fraga

Se estades interesados en asistir teredes que darvos moita présa porque as prazas son limitadas e a demanda moi elevada 

Os interesados deben inscribirse previamente por whatsapp no 611 08 08 53 indicando un nome completo para a reserva e o número de persoas que desexan asistir.

Nun principio teremos un límite de 30 prazas por ruta e unha vez sexan completadas, habilitaremos as correspondentes listas de espera que xestionaremos de forma activa.

VÉN DE RUTA COS RATOS ¡¡¡

Óscar Rodríguez Martínez
Presidente A Illa dos Ratos en | + artigos

Socio fundador de A Illa dos Ratos.

Deixa a túa resposta

O teu correo electrónico non será publicado. Os campos con * son obrigatorios

Podes usar estas etiquetas e atributos en HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable A Illa dos Ratos.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Dinahosting.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.