19 RUTAS GUIADAS GRATUÍTAS PARA O VERÁN DE 2022
Un ano máis volvemos para propoñervos unha maneira amena e didáctica de coñecer o noso entorno a través das nosas rutas guiadas. Nesta ocasión presentamos simultaneamente “Descubre Moaña no verán 2022”, un proxecto de 11 rutas no que volvemos a colaborar co Concello de Moaña e “Verán en ruta 2022” que estará composto por 8 rutas en diferentes localizacións de Cangas.
Coma sempre as nosos rutas son totalmente gratuítas pero ao finalizar os percorridos, @s nos@s guías ofrecerán aos asistentes a posibilidade de facer unha colaboración simbólica e voluntaria a favor da nosa asociación que empregaremos para a realización doutros proxectos.
“DESCUBRE MOAÑA NO VERÁN 2022” incluirá 11 das rutas que tanto éxito colleitaron nos anos anteriores
Neste programa os asistentes terán a oportunidade de descubrir a historia e algúns dos lugares máis interesantes de Moaña. As rutas que se levarán a cabo serán “A Moaña mariñeira“, “Canteiras do litoral de Moaña“, “San Martiño“, “Sendeiro da Fraga“, “Intermareal de Tirán“, “Literaria – O último barco” e a gran novidade desta tempada, “A Poza da Moura de Domaio“.
En Cangas ofertamos prazas para 8 rutas enmarcadas no programa “VERÁN EN RUTA 2022”
Para Cangas presentamos un programa de rutas que inclúe grandes clásicos dos últimos anos como “Massó, o sentir dun pobo“, “Cangas 1617, A defensa da Vila” ou “Rúas con Historia“, mesturados con outras rutas tamén moi interesantes como “Senda Costeira de Areamilla” , “Cabo Home e a Costa da Vela” ou a ruta máis esperada por moitos de vós “Aldán, un condado a beira do mar“.
Se estades interesados en asistir teredes que darvos moita présa porque as prazas son limitadas e a demanda moi elevada
Os interesados deben inscribirse previamente por whatsapp no 611 08 08 53. Nun principio teremos un límite de 30 prazas por ruta e unha vez sexan completadas habilitaremos as correspondentes listas de espera que xestionaremos de forma activa.
Óscar Rodríguez Martínez
Socio fundador de A Illa dos Ratos.
-
Óscar Rodríguez Martínezhttps://ailladosratos.org/author/oscar/
-
Óscar Rodríguez Martínezhttps://ailladosratos.org/author/oscar/21/05/2020
-
Óscar Rodríguez Martínezhttps://ailladosratos.org/author/oscar/02/06/2020
-
Óscar Rodríguez Martínezhttps://ailladosratos.org/author/oscar/15/06/2020
Deixa a túa resposta