PROGRAMAMOS 17 RUTAS PARA ABRIL E MAIO DE 2022
Presentamos simultaneamente “Descubre Moaña na Primavera 2022”, un proxecto no que volvemos a colaborar co Concello de Moaña e “Primavera en ruta 2022” que este ano organizamos de maneira independente e que estará composto por 8 rutas en diferentes localizacións de Cangas. Cada ruta contará cun número de prazas limitado e todas levaranse a cabo cumprindo con todos os requisitos de seguridade que as autoridades establezan en cada momento.
“DESCUBRE MOAÑA NA PRIMAVERA 2022” incluirá 9 das rutas que tanto éxito colleitaron nos anos anteriores
Neste programa de rutas os asistentes terán a oportunidade de descubrir a historia e algúns dos lugares máis interesantes de Moaña. As rutas que se levarán a cabo serán “A Moaña mariñeira“, “Canteiras do litoral de Moaña“, “San Martiño“, “Sendeiro da Fraga“, “Sendeiro de Rialdarca“, “Intermareal de Tirán“, e “Literaria – O último barco“.
En Cangas ofertamos prazas para 8 rutas enmarcadas no programa “PRIMAVERA EN RUTA 2022”
Para Cangas presentamos un programa de rutas moi completo que inclúe grandes clásicos dos últimos anos como “Massó, o sentir dun pobo“, “O Facho, gardián milenario“, “Intermareal de Areamilla“, “Muíños de Coiro“, ou “O Hío, de pedra en pedra” mesturados con outras rutas tamén moi interesantes como “Senda Costeira de Areamilla” , “Cabo Home e a Costa da Vela” ou “Serra da Madalena“.
Se estades interesados en asistir teredes que darvos moita présa porque as prazas son limitadas e a demanda moi elevada
Os interesados poden inscribirse previamente por whatsapp no 611 08 08 53. Nun principio teremos un límite de 30 prazas por ruta e unha vez sexan completadas habilitaremos as correspondentes listas de espera.
Óscar Rodríguez Martínez
Socio fundador de A Illa dos Ratos.
-
Óscar Rodríguez Martínezhttps://ailladosratos.org/author/oscar/
-
Óscar Rodríguez Martínezhttps://ailladosratos.org/author/oscar/02/06/2020
-
Óscar Rodríguez Martínezhttps://ailladosratos.org/author/oscar/09/07/2020
Un comentario
Viri
Hola.
Apuntarme para el sendero da Fraga en Moaña el 15 de Mayo