27 RUTAS GUIADAS GRATUÍTAS PARA O VERÁN DE 2024

Logo de superar as 700 rutas e a cota dos 20.000 asistentes, esta será a novena ocasión na que coa chegada do verán vos propoñamos unha maneira amena e didáctica de coñecer o noso entorno a través das nosas rutas guiadas no Morrazo.

Nesta ocasión presentámosvos “Descubre Moaña no verán 2024”, un proxecto de 14 rutas no que volvemos a colaborar co Concello de Moaña e “Verán en ruta 2024” que estará composto por 13 rutas en diferentes localizacións de Cangas e para o que contamos coa colaboración do Hotel H4, Bar e Aloxamento “O Pirata“, TodoMorrazo (a asociación de aloxamentos turísticos do Morrazo) e a hamburguesería – bocatería “Lokal Sevilla” de Cangas.

Coma sempre as nosos rutas son totalmente gratuítas pero ao finalizar os percorridos, @s nos@s guías ofrecerán aos asistentes a posibilidade de facer unha colaboración simbólica e voluntaria a favor da nosa asociación que empregaremos para a realización doutros proxectos.

En “Descubre Moaña no verán 2024” coñeceremos as historias que agochan algúns dos lugares máis emblemáticos de Moaña

Neste programa os asistentes terán a oportunidade de descubrir a historia dalgúns dos lugares máis interesantes da vila moañesa e estrearemos unha ruta nova en Meira: o “Sendeiro do Barranco do Faro”.

Das catorce rutas que propoñemos, once terán lugar os sábados e domingos ás 10:30h (a excepción da ruta “A Poza da Moura” que comezará ás 10:00 h) e as tres restantes celebraranse un xoves e dous venres ás 20:00 h.

Podedes consultar as características de cada unha das rutas nos seguintes enlaces á nosa web:

A Moaña mariñeira

A Torre de Meira

Canteiras do litoral de Moaña

San Martiño

A Poza da Moura de Domaio

Literaria O último barco

Historia das rúas de Moaña

“Sendeiro do Barranco do Faro” (nova)

Sendeiro da Fraga

RUTAS GUIADAS NO MORRAZO 2024

“Verán en ruta 2024”, trece rutas para os meses de xuño, xullo, agosto e setembro, incluíndo tres en horario de serán 

Para Cangas deseñamos un programa moi completo que constará de trece rutas, das que nove se celebrarán os sábados e domingos ás 10:30h e outras catro serán levadas a cabo pola semana ás 20:00h. 

Tedes as características de cada percorrido nestes enlaces directos a nosa web:

Senda Costeira de Areamilla a Liméns

Massó, o sentir dun pobo

Aldán, un condado a beira do mar

Cangas 1617, A defensa da vila

Cabo Home e a Costa da Vela

Intermareal de Areamilla, mar a vista¡

Rúas con historia

“Cangas e o mar”

Cangas na República

“O Facho, gardián milenario”

Se estades interesados en asistir teredes que darvos moita présa porque as prazas son limitadas e a demanda moi elevada 

Os interesados deben inscribirse previamente por whatsapp no 611 08 08 53 indicando un nome completo para a reserva e o número de persoas que desexan asistir.

Nun principio teremos un límite de 30 prazas por ruta e unha vez sexan completadas, habilitaremos as correspondentes listas de espera que xestionaremos de forma activa.

VÉN DE RUTA COS RATOS ¡¡¡

Óscar Rodríguez Martínez
Presidente A Illa dos Ratos en | + artigos

Socio fundador de A Illa dos Ratos.

Un comentario

  1. Iria Estévez

    Bos días.
    Gustríame facer unhas cantas rutas o que pasa e que non atopo, ou igual non esta posto, exactamente cales son as rutas que teñen certos horarios o cal non me permite organizarme por motivos laborais.
    As rutas que me gustaría consultar son as de:
    Cangas na república
    Canteiras do litoral de moaña
    A de massó
    A da poza da moura
    Cangas 1617
    intermareal

    Moitas grazas.

Deixa a túa resposta

O teu correo electrónico non será publicado. Os campos con * son obrigatorios

Podes usar estas etiquetas e atributos en HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable A Illa dos Ratos.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Dinahosting.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.