A ILLA DOS RATOS REALIZARÁ 27 RUTAS GUIADAS GRATUÍTAS NA PRIMAVERA DE 2025 NO MORRAZO

Unha vez máis  propoñémosvos unha maneira amena e didáctica de coñecer o noso entorno a través das nosas rutas guiadas polo Morrazo para a primavera de 2025, unha alternativa de ocio para compartir o tempo de lecer en boa compañía.

Nesta ocasión, por primeira vez na historia, realizaremos rutas guiadas nos tres concellos do Morrazo:

  • “Descubre Moaña na primavera 2025”, un proxecto de 12 rutas no que volvemos a colaborar co Concello de Moaña.
  • “Primavera en ruta 2025”, un programa que estará composto por 12 rutas e que organizamos en colaboración co Concello de Cangas.

Coma sempre as nosas rutas son totalmente gratuítas pero ao finalizar os percorridos, @s nos@s guías ofrecerán aos asistentes a posibilidade de facer unha colaboración simbólica e voluntaria a favor da nosa asociación que empregaremos para a realización doutros proxectos.

En “Descubre Moaña na primavera 2025” coñeceremos as historias que agochan algúns dos lugares máis emblemáticos de Moaña

Neste programa descubriremos xuntos a historia dalgúns dos lugares máis interesantes da vila moañesa. Haberá moita variedade de contidos, un novo percorrido titulado “O mar de Meira: da pesca tradicional ás traiñeiras” e varias rutas na costa de Tirán xa que teremos boas mareas para facer a “Intermareal de Tirán” en tres ocasións e volveremos a celebrar unha nova edición da ruta literaria “O último barco” sobre o libro do tristemente falecido Domingo Villar.

Podedes consultar as características de cada unha das rutas nos seguintes enlaces á nosa web:

Intermareal de Tirán

“A Poza da Moura de Domaio”

“Historia das rúas de Moaña”

“Canteiras do litoral de Moaña”

Literaria, O último barco

O mar de Meira

Sendeiro do Río do Barranco do Faro

“A Moaña mariñeira”

“Primavera en ruta 2025” constará de doce percorridos por Cangas, entre os que repetiremos a nova ruta que estreamos este ano titulada “As esculturas de Cangas”

Para que os nosos asistentes poidan coñecer Cangas desde diferentes perspectivas, deseñamos un programa moi completo que constará de doce rutas, nove diferentes, entre as que estará a gran novidade deste 2025,  “As esculturas de Cangas“, unha ruta na que coñeceremos detalles interesantes dalgunhas das esculturas que forman parte das nosas rúas e que empregaremos como fío condutor para coñecer a historia do pobo.

Podedes consultar as características de cada ruta nestes enlaces directos a nosa web:

Rúas con historia

“Cabo Home e a Costa da Vela”

“As esculturas de Cangas”

Cangas e o mar

Cangas na República

Massó, o sentir dun pobo

Cangas 1617, a defensa da vila

Aldán un condado á beira do mar

“Personaxes de Cangas”

RUTAS GUIADAS EN CANGAS PARA A PRIMAVERA DE 2025

“Recoñecer Bueu na primavera 2025” con tres rutas novas

Con moita ilusión arrancamos este novo proxecto no que buscaremos que coñezades dun xeito ameno e didáctico algúns dos lugares máis importantes e fermosos de Bueu, resaltando os seus valores naturais, culturais e etnográficos. 

Intermareal de Agrelo

Massó, a orixe

Ermelo, o berce do Morrazo

Os asistentes as nosas rutas de primavera poderán beneficiarse dun 10% de desconto en Pink Souba Clothing presentando na tenda un flyer que entregaremos ao rematar as rutas

Se estades interesados en asistir teredes que darvos moita présa porque as prazas son limitadas e a demanda moi elevada 

Coma sempre os interesados deben inscribirse previamente por whatsapp no 611 08 08 53 indicando un nome completo, a ruta e o número de persoas que desexan asistir.

Nun principio teremos un límite de 30 prazas por ruta e unha vez sexan completadas, habilitaremos as correspondentes listas de espera que xestionaremos de forma activa.

VÉN DE RUTA COS RATOS ¡¡¡

Óscar Rodríguez Martínez
Presidente A Illa dos Ratos en | + artigos

Socio fundador de A Illa dos Ratos.

Deixa a túa resposta

O teu correo electrónico non será publicado. Os campos con * son obrigatorios

Podes usar estas etiquetas e atributos en HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable A Illa dos Ratos.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Dinahosting.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.