A ILLA DOS RATOS REALIZARÁ 18 RUTAS GRATUÍTAS NO MORRAZO NESTE OUTONO DE 2025

Unha vez máis propoñémosvos unha maneira amena e didáctica de coñecer o noso entorno a través das nosas rutas guiadas no Morrazo para este outono de 2025, unha alternativa de ocio para compartir o tempo de lecer en boa compañía.

Nesta ocasión presentámosvos unha serie de rutas guiadas baixo os títulos “Outono en ruta 2025”, un programa de 9 rutas que organizamos en colaboración co Concello de Cangas e “Descubre Moaña no outono 2025“, composto por outros 9 percorridos  que faremos da man do Concello de Moaña

DENTAL FORTE

Coma sempre as nosos rutas son totalmente gratuítas pero ao finalizar os percorridos, @s nos@s guías ofrecerán aos asistentes a posibilidade de facer unha colaboración simbólica e voluntaria a favor da nosa asociación que empregaremos para a realización doutros proxectos.

“Outono en ruta 2025” constará de nove percorridos, incluídas as dúas novidades de este ano en Cangas: “As terras de Coiro, agro e cultura” e “As esculturas de Cangas”

Para que os nosos asistentes poidan coñecer Cangas desde diversos puntos de vista, deseñamos un programa moi completo que constará de 9 rutas, entre as que estarán as dúas grandes novidades deste ano:

“As esculturas de Cangas”, un percorrido no que empregaremos como fío condutor algunhas das esculturas máis icónicas de Cangas para falar sobre a súa historia e no que teremos a oportunidade de coñecer aspectos moi interesantes de cada peza e a súa vinculación coa vila.

As terras de Coiro, agro e cultura, unha ruta na que visitaremos a casa do escultor Henrique Prado Miranda onde ten expostas varias das súas obras e tamén o “Verxel de Coiro”, unha explotación de agricultura ecolóxica onde a súa impulsora, Cris, nos mostrará os diferentes cultivos e os coidados e técnicas que emprega para obter unha colleita de calidade.

Podedes consultar as características de cada ruta nestes enlaces directos a nosa web:

“As esculturas de Cangas”

As terras de Coiro

Cangas 1617, a defensa da vila

Massó, o sentir dun pobo

“Aldán un condado á beira do mar”

“Cabo Home e a Costa da Vela”

“Intermareal de Areamilla”

Historia das mulleres de Cangas

OUTONO EN RUTA 2025

“Descubre Moaña no outono 2025” constará de nove rutas, incluída a novidade que incorporamos este ano, o percorrido titulado “O mar de Meira: da pesca tradicional ás traiñeiras”

Para que os nosos asistentes poidan coñecer Moaña desde diversos puntos de vista, deseñamos un programa moi completo que constará de nove percorridos, entre as que estará a gran novidade deste ano, “O mar de Meira“, unha ruta na que logo de facer un repaso da evolución da pesca tradicional ata a chegada das traiñeiras e o seu uso deportivo, visitaremos as instalacións do club de remo S.D Samertolameu.

Podedes consultar as características de cada ruta nestes enlaces directos a nosa web:

Sendeiro do Río do Barranco do Faro

A Poza da Moura de Domaio

Literaria. O último Barco

Historia das rúas de Moaña

A Moaña mariñeira

San Martiño

Mulleres da historia de Moaña

Canteiras do litoral de Moaña

O mar de Meira

DESCUBRE MOAÑA NO OUTONO 2025

Por cortesía de Óptica Studio os asistentes as nosas rutas de outono poderán beneficiarse dun desconto do 35% en gafas de sol nas súas tendas de Cangas e Vigo, simplemente mostrando a mensaxe de confirmación de inscrición 

ÓPTICA STUDIO

Se estades interesados en asistir teredes que darvos moita présa porque as prazas son limitadas e a demanda moi elevada 

Coma sempre os interesados deben inscribirse previamente por whatsapp no 611 08 08 53 indicando un nome completo, a ruta e o número de persoas que desexan asistir.

Nun principio teremos un límite de 30 prazas por ruta e unha vez sexan completadas, habilitaremos as correspondentes listas de espera que xestionaremos de forma activa.

VÉN DE RUTA COS RATOS ¡¡¡

Óscar Rodríguez Martínez
Presidente A Illa dos Ratos en | + artigos

Socio fundador de A Illa dos Ratos.

Deixa a túa resposta

O teu correo electrónico non será publicado. Os campos con * son obrigatorios

Podes usar estas etiquetas e atributos en HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable A Illa dos Ratos.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Dinahosting.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.