21 RUTAS GUIADAS GRATUÍTAS NO OUTONO DE 2024
Unha vez máis propoñémosvos unha maneira amena e didáctica de coñecer o noso entorno a través das nosas rutas guiadas no Morrazo para o outono de 2024, unha alternativa de ocio para compartir o tempo de lecer en boa compañía.
Nesta ocasión presentámosvos “Descubre Moaña no outono 2024”, un proxecto de 10 rutas no que volvemos a colaborar co Concello de Moaña e “Outono en ruta 2024” que estará composto por 11 rutas en diferentes localizacións de Cangas.
Coma sempre as nosos rutas son totalmente gratuítas pero ao finalizar os percorridos, @s nos@s guías ofrecerán aos asistentes a posibilidade de facer unha colaboración simbólica e voluntaria a favor da nosa asociación que empregaremos para a realización doutros proxectos.
En “Descubre Moaña no outono 2024” coñeceremos as historias que agochan algúns dos lugares máis emblemáticos de Moaña
Neste programa descubriremos xuntos a historia dalgúns dos lugares máis interesantes da vila moañesa a través de nove percorridos diferentes. Podedes consultar as características de cada unha das rutas nos seguintes enlaces á nosa web:
“Sendeiro do Barranco do Faro“
“Canteiras do litoral de Moaña“
“Mulleres da historia de Moaña“
“Outono en ruta 2024” será o programa de rutas que faremos en Cangas con dez percorridos diferentes
Para Cangas deseñamos un programa moi completo que constará de once rutas, entre as que estrearemos “Personaxes de Cangas II”, unha ruta moi interesante na que recordaremos algunhas das persoas máis importantes da historia do pobo.
Podedes consultar as características de cada ruta nestes enlaces directos a nosa web:
“Intermareal de Areamilla, mar á vista¡“
“Historia das mulleres de Cangas”
“Cangas 1617, a defensa da vila“
“Cangas 1617, outro punto de vista“
Se estades interesados en asistir teredes que darvos moita présa porque as prazas son limitadas e a demanda moi elevada
Os interesados deben inscribirse previamente por whatsapp no 611 08 08 53 indicando un nome completo para a reserva e o número de persoas que desexan asistir.
Nun principio teremos un límite de 30 prazas por ruta e unha vez sexan completadas, habilitaremos as correspondentes listas de espera que xestionaremos de forma activa.
VÉN DE RUTA COS RATOS ¡¡¡
Óscar Rodríguez Martínez
Socio fundador de A Illa dos Ratos.
-
Óscar Rodríguez Martínezhttps://ailladosratos.org/author/oscar/
-
Óscar Rodríguez Martínezhttps://ailladosratos.org/author/oscar/02/06/2020
-
Óscar Rodríguez Martínezhttps://ailladosratos.org/author/oscar/15/06/2020
-
Óscar Rodríguez Martínezhttps://ailladosratos.org/author/oscar/09/07/2020
Un comentario
Carmen Piñeiro Rodríguez
Gracias! Iré a todas las que pueda. Estoy en espera de una operación que será en breve, pero en cuanto pueda volveré de nuevo.