12 RUTAS GUIADAS GRATUÍTAS NO INVERNO DE 2026
Unha vez máis propoñémosvos unha maneira amena e didáctica de coñecer o noso entorno a través das nosas rutas guiadas polo Morrazo para o inverno de 2026, unha alternativa de ocio para compartir o tempo de lecer en boa compañía.
Nesta ocasión presentámosvos unha serie de rutas guiadas no Morrazo a través de “Descubre Moaña no inverno 2026”, un proxecto de 6 rutas no que volvemos a colaborar co Concello de Moaña e “Inverno en ruta 2026”, un programa que estará composto por 6 rutas que transcorrerán por algúns dos lugares máis senlleiros de Cangas.
Coma sempre as nosos rutas son totalmente gratuítas pero ao finalizar os percorridos, @s nos@s guías ofrecerán aos asistentes a posibilidade de facer unha colaboración simbólica e voluntaria a favor da nosa asociación que empregaremos para a realización doutros proxectos.
En “Descubre Moaña no inverno 2026” coñeceremos as historias que agochan algúns dos lugares máis emblemáticos de Moaña
Neste programa descubriremos xuntos a historia dalgúns dos lugares máis interesantes da vila moañesa. Podedes consultar as características de cada unha das rutas nos seguintes enlaces á nosa web:
“Canteiras do litoral de Moaña“
“Mulleres da historia de Moaña“
“Inverno en ruta 2026”: seis percorridos diferentes por Cangas
Para Cangas deseñamos un programa moi completo que tamén constará de seis rutas. Podedes consultar as características de cada ruta nestes enlaces directos a nosa web:
“As terras de Coiro: agro e cultura“
“Historia das mulleres de Cangas”
Se estades interesados en asistir teredes que darvos moita présa porque as prazas son limitadas e a demanda moi elevada
Coma sempre os interesados en asistir deben inscribirse previamente por whatsapp no 611 08 08 53 indicando un nome completo, a ruta e o número de persoas que desexan asistir.
Nun principio teremos un límite de 30 prazas por ruta e unha vez sexan completadas, habilitaremos as correspondentes listas de espera que xestionaremos de forma activa.

VÉN DE RUTA COS RATOS ¡¡¡
Óscar Rodríguez Martínez
Socio fundador de A Illa dos Ratos.
-
Óscar Rodríguez Martínezhttps://ailladosratos.org/author/oscar/
-
Óscar Rodríguez Martínezhttps://ailladosratos.org/author/oscar/02/06/2020
-
Óscar Rodríguez Martínezhttps://ailladosratos.org/author/oscar/22/07/2020



Un comentario
Carmen
Excelente a ruta do “Último barco” Relacionaste moi ben a trama do libro coa paisaxe e o entorno da trama, parabens, Oscar. Https