12 RUTAS GUIADAS GRATUÍTAS NO INVERNO DE 2025

Unha vez máis  propoñémosvos unha maneira amena e didáctica de coñecer o noso entorno a través das nosas rutas guiadas polo Morrazo para o inverno de 2025, unha alternativa de ocio para compartir o tempo de lecer en boa compañía.

Nesta ocasión presentámosvos unha serie de rutas guiadas no Morrazo a través de “Descubre Moaña no inverno 2025”, un proxecto de 6 rutas no que volvemos a colaborar co Concello de Moaña e “Inverno en ruta 2025”, un programa que estará composto por 6 rutas que organizamos en colaboración co Concello de Cangas.

Coma sempre as nosos rutas son totalmente gratuítas pero ao finalizar os percorridos, @s nos@s guías ofrecerán aos asistentes a posibilidade de facer unha colaboración simbólica e voluntaria a favor da nosa asociación que empregaremos para a realización doutros proxectos.

En “Descubre Moaña no inverno 2025” coñeceremos as historias que agochan algúns dos lugares máis emblemáticos de Moaña

Neste programa descubriremos xuntos a historia dalgúns dos lugares máis interesantes da vila moañesa, especialmente a costa de Tirán xa que teremos boas mareas para facer a “Intermareal de Tirán” en tres ocasións. Podedes consultar as características de cada unha das rutas nos seguintes enlaces á nosa web:

Intermareal de Tirán

San Martiño de Moaña

A Torre de Meira

Mulleres da historia de Moaña

RUTAS GUIADAS NO MORRAZO PARA O INVERNO DE 2025

“Inverno en ruta 2025” constará de seis percorridos diferentes por Cangas, incluindo unha gran novidade

Para Cangas deseñamos un programa moi completo que constará de seis rutas, entre as que estrearemos “As esculturas de Cangas“, unha ruta na que coñeceremos detalles interesantes dalgunhas das esculturas que forman parte das nosas rúas e que empregaremos como fío condutor para coñecer a historia do pobo.

Podedes consultar as características de cada ruta nestes enlaces directos a nosa web:

O Hío, de pedra en pedra

“As esculturas de Cangas”

Massó, o sentir dun pobo

“Aldán un condado á beira do mar”

“Historia das mulleres de Cangas”

“O Facho, gardián milenario”

RUTAS GUIADAS NO MORRAZO PARA O INVERNO DE 2025

Por cortesía do Spa Bienestar de Moaña todos os asistentes as nosas rutas de inverno entrarán no sorteo de 4 pases individuais para acceder ao seu Club Termal e poderán beneficiarse dun 15% de desconto presentando o seguinte documento

Se estades interesados en asistir teredes que darvos moita présa porque as prazas son limitadas e a demanda moi elevada 

Coma sempre os interesados deben inscribirse previamente por whatsapp no 611 08 08 53 indicando un nome completo, a ruta e o número de persoas que desexan asistir.

Nun principio teremos un límite de 30 prazas por ruta e unha vez sexan completadas, habilitaremos as correspondentes listas de espera que xestionaremos de forma activa.

VÉN DE RUTA COS RATOS ¡¡¡

Óscar Rodríguez Martínez
Presidente A Illa dos Ratos en | + artigos

Socio fundador de A Illa dos Ratos.

Deixa a túa resposta

O teu correo electrónico non será publicado. Os campos con * son obrigatorios

Podes usar estas etiquetas e atributos en HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable A Illa dos Ratos.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Dinahosting.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.