12 RUTAS GUIADAS GRATUÍTAS PARA COMEZAR 2023

Un ano máis, e xa van sete, volvemos para propoñervos unha maneira amena e didáctica de coñecer o noso entorno a través das nosas rutas guiadas. Nesta ocasión presentamos “Descubre Moaña no inverno 2023”, un proxecto de 6 rutas no que volvemos a colaborar co Concello de Moaña e “Inverno en ruta 2023” que estará composto por 6 rutas en diferentes localizacións de Cangas. 

Coma sempre as nosos rutas son totalmente gratuítas pero ao finalizar os percorridos, @s nos@s guías ofrecerán aos asistentes a posibilidade de facer unha colaboración simbólica e voluntaria a favor da nosa asociación que empregaremos para a realización doutros proxectos.

“Descubre Moaña no inverno 2023” incluirá seis rutas que foron moi ben valoradas polos asistentes en anos anteriores

Neste programa os asistentes terán a oportunidade de descubrir a historia e algúns dos lugares máis interesantes de Moaña. As rutas que se levarán a cabo nesta ocasión serán “A Moaña mariñeira“, “San Martiño“,  “Canteiras do litoral de Moaña“, “Mulleres da historia de Moaña“, “Sendeiro da Fraga“, e a “A Poza da Moura de Domaio“.

En Cangas ofertaremos prazas para outras seis rutas, enmarcadas no programa “Inverno en ruta 2023”  

Para Cangas presentamos un programa de rutas que inclúe grandes clásicos dos últimos anos como “Rúas con historia“, “Massó, o sentir dun pobo“, “O Facho, gardián milenario“, “Historia das mulleres de Cangas“, “Intermareal de Areamilla” e  “Muíños de Coiro“.

Se estades interesados en asistir teredes que darvos moita présa porque as prazas son limitadas e a demanda moi elevada 

Os interesados deben inscribirse previamente por whatsapp no 611 08 08 53. Nun principio teremos un límite de 30 prazas por ruta e unha vez sexan completadas, habilitaremos as correspondentes listas de espera que xestionaremos de forma activa.

Este ano dende a páxina de facebook “Historias do Morrazo” sortearemos libros relacionados cos contidos das rutas

Na nosa nova páxina de facebook Historias do Morrazo, o noso rato “Ratillán” viaxará cada semana a través do espazo e o tempo para levarnos aos interesantes momentos da nosa historia que aparecen recollidos nos artigos do noso blog.

Entre os seguidores da páxina imos a facer regularmente unha serie de sorteos de libros que gardan relación co Morrazo. Para que teñades unha idea, o ano pasado xa sorteamos exemplares de “Historia Fotográfica de Cangas. Século XX” (cortesía da A.C. A Cepa), “A pedra de ámbar gris” (Noa Setemuíños), “O último barco” (Domingo Villar, cortesía do Concello de Moaña), “As illas dos Deuses” (Serafín Parcero, cortesía da Editorial Xerais), ou “Canteiras do litoral de Moaña” (Tamara Campo Táboas, cortesía de Rinoceronte Editora e o seu selo Morgante).

Óscar Rodríguez Martínez
Presidente A Illa dos Ratos en | + artigos

Socio fundador de A Illa dos Ratos.

Deixa a túa resposta

O teu correo electrónico non será publicado. Os campos con * son obrigatorios

Podes usar estas etiquetas e atributos en HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable A Illa dos Ratos.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Dinahosting.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.