A ILLA DOS RATOS REALIZARÁ 9 RUTAS GUIADAS GRATUÍTAS NO OUTONO DE 2025 EN CANGAS
Unha vez máis propoñémosvos unha maneira amena e didáctica de coñecer o noso entorno a través das nosas rutas guiadas en Cangas para o outono de 2025, unha alternativa de ocio para compartir o tempo de lecer en boa compañía.
Nesta ocasión presentámosvos unha serie de rutas guiadas baixo o título “Outono en ruta 2025”, un programa de 9 rutas que organizamos en colaboración co Concello de Cangas.
Coma sempre as nosos rutas son totalmente gratuítas pero ao finalizar os percorridos, @s nos@s guías ofrecerán aos asistentes a posibilidade de facer unha colaboración simbólica e voluntaria a favor da nosa asociación que empregaremos para a realización doutros proxectos.
“Outono en ruta” constará de nove percorridos, incluídas as dúas novidades de este ano en Cangas: “As terras de Coiro, agro e cultura” e “As esculturas de Cangas”
Para que os nosos asistentes poidan coñecer Cangas desde diversos puntos de vista, deseñamos un programa moi completo que constará de 9 rutas, entre as que estarán as dúas grandes novidades deste ano:
“As esculturas de Cangas”, un percorrido no que empregaremos como fío condutor algunhas das esculturas máis icónicas de Cangas para falar sobre a súa historia e no que teremos a oportunidade de coñecer aspectos moi interesantes de cada peza e a súa vinculación coa vila.
“As terras de Coiro, agro e cultura“, unha ruta na que visitaremos a casa do escultor Henrique Prado Miranda onde ten expostas varias das súas obras e tamén o “Verxel de Coiro”, unha explotación de agricultura ecolóxica onde a súa impulsora, Cris, nos mostrará os diferentes cultivos e os coidados e técnicas que emprega para obter unha colleita de calidade.
Podedes consultar as características de cada ruta nestes enlaces directos a nosa web:
“Cangas 1617, a defensa da vila“
“Aldán un condado á beira do mar”
“Historia das mulleres de Cangas“
Por cortesía de Óptica Studio os asistentes as nosas rutas de outono poderán beneficiarse dun desconto do 35% en gafas de sol nas súas tendas de Cangas e Vigo, simplemente mostrando a mensaxe de confirmación de inscrición
Se estades interesados en asistir teredes que darvos moita présa porque as prazas son limitadas e a demanda moi elevada
Coma sempre os interesados deben inscribirse previamente por whatsapp no 611 08 08 53 indicando un nome completo, a ruta e o número de persoas que desexan asistir.
Nun principio teremos un límite de 30 prazas por ruta e unha vez sexan completadas, habilitaremos as correspondentes listas de espera que xestionaremos de forma activa.

VÉN DE RUTA COS RATOS ¡¡¡
Óscar Rodríguez Martínez
Socio fundador de A Illa dos Ratos.
-
Óscar Rodríguez Martínezhttps://ailladosratos.org/author/oscar/
-
Óscar Rodríguez Martínezhttps://ailladosratos.org/author/oscar/02/06/2020
-
Óscar Rodríguez Martínezhttps://ailladosratos.org/author/oscar/22/07/2020



Deixa a túa resposta