PROGRAMAMOS 12 RUTAS PARA FEBREIRO E MARZO DE 2022

Presentamos simultaneamente “Descubre Moaña 2022”, un proxecto no que volvemos a colaborar co Concello de Moaña e “Inverno en ruta 2022” que este ano organizamos de maneira independente e que estará composto por 6 rutas en diferentes localizacións de Cangas. Cada ruta contará cun número de prazas limitado e todas levaranse a cabo cumprindo con todos os requisitos de seguridade que as autoridades establezan en cada momento.

“DESCUBRE MOAÑA NO INVERNO 2022” incluirá 6 das rutas que tanto éxito colleitaron nos anos anteriores

Neste programa de rutas os asistentes terán a oportunidade de descubrir a historia e algúns dos lugares máis interesantes de Moaña. As rutas que se levarán a cabo serán “A Moaña mariñeira“, “Canteiras do litoral de Moaña“, “San Martiño“, “Sendeiro da Fraga“, “Intermareal de Tirán“, e “Mulleres da Historia de Moaña“.

En Cangas ofertamos prazas para 6 rutas enmarcadas no programa “INVERNO EN RUTA 2022”  

Para Cangas presentamos un programa de rutas que inclúe grandes clásicos dos últimos anos como “Massó, o sentir dun pobo“, “O Facho, gardián milenario“, “Muíños de Coiro“, mesturados con outras rutas como “O Hío, de pedra en pedra“, “Rúas con historia de Cangas” ou “Historia das mulleres de Cangas“.

Se estades interesados en asistir teredes que darvos moita présa porque as prazas son limitadas e a demanda moi elevada 

Os interesados poden inscribirse previamente por whatsapp no 611 08 08 53. Nun principio teremos un límite de 30 prazas por ruta e unha vez sexan completadas habilitaremos as correspondentes listas de espera.

Óscar Rodríguez Martínez
Presidente A Illa dos Ratos en | + artigos

Socio fundador de A Illa dos Ratos.

Deixa a túa resposta

O teu correo electrónico non será publicado. Os campos con * son obrigatorios

Podes usar estas etiquetas e atributos en HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable A Illa dos Ratos.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Dinahosting.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.