PROGRAMA DE RUTAS AMPLO E VARIADO PARA O QUE RESTA DE 2021

Para celebrar que os Ratos vimos de chegar ás 450 rutas realizadas dende 2016, nos meses de outubro e novembro presentamos “Outono en ruta 2021” composto por 8 rutas en diferentes localizacións de Cangas que se engadirán as que xa anunciamos no seu día do programa “Descubre Moaña 2021” que xa vimos realizando dende setembro en colaboración co Concello de Moaña.

Cada ruta contará unicamente con 30 prazas e levaranse a cabo cumprindo con todos os requisitos de seguridade que as autoridades establezan en cada momento.

En Cangas ofertamos prazas para 8 rutas máis que estarán enmarcadas no programa “OUTONO EN RUTA 2021”  

Para Cangas presentamos un programa de rutas no que contamos coas colaboracións da A.C A CEPA e Comercio do Morrazo e que inclúe grandes clásicos dos últimos anos como “Massó, o sentir dun pobo“, “O Facho, gardián milenario“, “Muíños de Coiro” ou “Intermareal de Areamilla“, mesturados con outras rutas como “O Hío, de pedra en pedra“, “Cangas e o mar” ou “Historia das mulleres de Cangas“.

“DESCUBRE MOAÑA NO OUTONO 2021” ven desenvolvéndose xa dende setembro coas rutas que tanto éxito colleitaron nos anos anteriores

Neste programa de rutas anunciado anteriormente para os meses de setembro, outubro e novembro os asistentes ás rutas que xa se celebraron ata o momento tiveron a oportunidade de descubrir algúns dos lugares máis interesantes e a historia de Moaña. Aínda quedan prazas para moitas das rutas que temos previstas na vila moañesa: “Ruta literaria, O último barco“, “A Moaña mariñeira“, “Canteiras do litoral de Moaña“, “San Martiño“, “Sendeiro da Fraga“, “Intermareal de Tirán“, “Sendeiro de Rialdarca” e “Mulleres da Historia de Moaña“.

Se estades interesados en asistir teredes que darvos moita présa porque as prazas son limitadas e a demanda moi elevada 

Os interesados poden inscribirse previamente por whatsapp no 611 08 08 53. Teremos un límite de 30 prazas por ruta e unha vez sexan completadas habilitaremos as correspondentes listas de espera.

Redacción A Illa dos Ratos
+ artigos

2 comentarios

  1. Redacción A Illa dos Ratos

    Grazas polas túas felicitacións. Seguiremos dando a coñecer e poñer en valor esta comarca do Morrazo que tanto amamos.

  2. María Rosario Rodríguez

    Este ano fixen dúas das rutas e as dúas moi, moi ben… As explicacións pir parte dos guías xenais e os percorridos interesantes. Grazas por guíarnos a través destas maravillosas terras. Estou desexando facer máis rutas. Enhoraboa!

Deixa a túa resposta

O teu correo electrónico non será publicado. Os campos con * son obrigatorios

Podes usar estas etiquetas e atributos en HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable A Illa dos Ratos.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Dinahosting.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.