A ILLA DOS RATOS REALIZARÁ DURANTE ESTE VERÁN 31 RUTAS GRATUÍTAS NO MORRAZO
Chega o verán e unha vez máis propoñémosvos unha maneira amena e didáctica de coñecer o noso entorno a través das nosas rutas guiadas gratuítas polo Morrazo, unha alternativa para compartir o tempo de lecer en boa compañía.
Nesta ocasión, volveremos a realizar percorridos de xeito simultáneo nos tres concellos do Morrazo:
- “Descubre Moaña no verán 2026”, un proxecto de 13 rutas no que volvemos a colaborar co Concello de Moaña.
- “Verán en ruta 2026”, un programa que estará composto por 13 rutas.
“Recoñecer Bueu no verán 2026”, no que realizaremos 5 novos percorridos ao longo dos meses de xuño, xullo, agosto e setembro.
Coma sempre, as nosas rutas son totalmente gratuítas pero ao finalizar os percorridos, os/as nosos/as guías ofrecerán aos asistentes a posibilidade de facer unha colaboración simbólica e voluntaria a favor da nosa asociación que empregaremos para a realización doutros proxectos.
En “Descubre Moaña no verán 2026” coñeceremos as historias que agochan algúns dos lugares máis emblemáticos de Moaña
Neste programa descubriremos xuntos a historia dalgúns dos lugares máis interesantes da vila moañesa. Haberá moita variedade de contidos nas trece rutas previstas, catro delas en horario de venres pola tarde, destacando algúns clásicos como “A Poza da Moura de Domaio“, “Sendeiro do Río do Barranco do Faro” ou a literaria “O último barco” sobre o libro do tristemente falecido Domingo Villar.
Pero a gran novidade será o novo percorrido que estamos preparando baixo o título “O Castro de Montealegre” no que coñeceremos por fin un dos xacementos arqueolóxicos máis importantes do Morrazo, logo de que o pasado mes de abril o Concello de Moaña asumise a súa titularidade tras seis anos de trámites.
Podedes consultar as características das rutas nos seguintes enlaces á nosa web:
“Sendeiro do Río do Barranco do Faro“
“Canteiras do litoral de Moaña”
“El Castro de Montealegre”
“Verán en ruta 2026” constará de trece percorridos por Cangas
Para que poidades coñecer Cangas desde diferentes perspectivas, deseñamos un programa moi completo que constará de trece rutas, das cales tres se celebrarán os venres en horario de tarde.
Volveremos a gozar das dúas novidades do ano pasado: “As esculturas de Cangas“, na que coñeceremos detalles interesantes dalgunhas das esculturas que forman parte das nosas rúas, e “As terras de Coiro“, na que visitaremos a casa do escultor Henrique Prado Miranda e o Verxel de Coiro, unha explotación de agricultura ecolóxica rexentada pola emprendedora Cristina Ambel.
Podedes consultar as características de cada ruta nestes enlaces directos a nosa web:
“As terras de Coiro: agro e cultura“
“Aldán un condado á beira do mar“
“Cangas 1617, a defensa da vila”
“Recoñecer Bueu no verán 2026” a través de cinco rutas
Nesta segunda edición do programa de verán en Bueu, o noso obxectivo será que coñezades algúns dos lugares máis importantes e fermosos da vila, resaltando os seus valores naturais, culturais e etnográficos.
Podedes consultar as características das rutas nos seguintes enlaces á nosa web:
Poderedes beneficiarvos dun 10% de desconto en Pink Souba Clothing e dun 35% en lentes de sol en Óptica Studio
Os participantes nas nosas rutas deste verán poderedes beneficiarvos de interesantes descontos en dous dos nosos establecementos colaboradores:
- 10% de desconto en Pink Souba Clothing presentando na tenda un flyer que entregaremos ao rematar cada ruta.

- 35% en lentes de sol de Óptica Studio mostrando a mensaxe de confirmación de asistencia que recibirán os participantes de cada percorrido.
Se estades interesados en asistir, teredes que darvos présa, porque as prazas son limitadas e a demanda é moi elevada
Coma sempre, os interesados/as deben inscribirse previamente enviando un whatsapp ao 611 08 08 53 indicando un nome completo, a ruta que lles interesa e o número de persoas que desexan asistir.
Nun principio teremos un límite de 30 prazas por ruta e unha vez sexan completadas, habilitaremos as correspondentes listas de espera que xestionaremos de forma activa.

¡ VÉN DE RUTA COS RATOS !
Óscar Rodríguez Martínez
Socio fundador de A Illa dos Ratos.
-
Óscar Rodríguez Martínezhttps://ailladosratos.org/author/oscar/
-
Óscar Rodríguez Martínezhttps://ailladosratos.org/author/oscar/02/06/2020
-
Óscar Rodríguez Martínezhttps://ailladosratos.org/author/oscar/20/10/2020





Deixa a túa resposta