A ILLA DOS RATOS REALIZARÁ 26 RUTAS GRATUÍTAS NO MORRAZO NA PRIMAVERA DE 2026 

Unha vez máis propoñémosvos unha maneira amena e didáctica de coñecer o noso entorno a través das nosas rutas guiadas polo Morrazo para a primavera de 2026, unha alternativa de ocio para compartir o tempo de lecer en boa compañía.

Nesta ocasión, por segunda vez na historia, realizaremos rutas guiadas nos tres concellos do Morrazo:

  • “Descubre Moaña na primavera 2026”, un proxecto de 12 rutas no que volvemos a colaborar co Concello de Moaña.
  • “Primavera en ruta 2026”, un programa que estará composto por 11 rutas.
  • “Recoñecer Bueu na primavera 2026”, no que realizaremos 4 rutas novas ao longo dos meses de marzo, abril e maio. 

Coma sempre as nosas rutas son totalmente gratuítas pero ao finalizar os percorridos, @s nos@s guías ofrecerán aos asistentes a posibilidade de facer unha colaboración simbólica e voluntaria a favor da nosa asociación que empregaremos para a realización doutros proxectos.

En “Descubre Moaña na primavera 2026” coñeceremos as historias que agochan algúns dos lugares máis emblemáticos de Moaña

Neste programa descubriremos xuntos a historia dalgúns dos lugares máis interesantes da vila moañesa. Haberá moita variedade de contidos, con varias rutas na costa de Tirán xa que as mareas nos permitirán facer a “Intermareal de Tirán” en tres ocasións, e tamén volveremos a celebrar unha nova edición da ruta literaria “O último barco” sobre o libro do tristemente falecido Domingo Villar.

Podedes consultar as características de cada unha das rutas nos seguintes enlaces á nosa web:

Intermareal de Tirán

Sendeiro do Río do Barranco do Faro

“A Moaña mariñeira”

“Canteiras do litoral de Moaña”

“A Poza da Moura de Domaio”

Literaria, O último barco

O mar de Meira

“Sendeiro da Fraga”

DESCUBRE MOAÑA NA PRIMAVERA 2026

“Primavera en ruta 2026” constará de once percorridos por Cangas

Para que poidades coñecer Cangas desde diferentes perspectivas deseñamos un programa moi completo que constará de once rutas, oito diferentes, entre as que volverán a estar presentes as dúas novidades do ano pasado: “As esculturas de Cangas“, na que coñeceremos detalles interesantes dalgunhas das esculturas que forman parte das nosas rúas, e “As terras de Coiro“, na que visitaremos a casa do escultor Henrique Prado Miranda e o Verxel de Coiro, unha explotación de agricultura ecolóxica rexentada pola emprendedora Cristina Ambel.

Podedes consultar as características de cada ruta nestes enlaces directos a nosa web:

As terras de Coiro: agro e cultura

Intermareal de Areamilla

Massó, o sentir dun pobo

“Cabo Home e a Costa da Vela”

Cangas na República

“As esculturas de Cangas”

“Personaxes de Cangas II”

Aldán un condado á beira do mar

PRIMAVERA EN RUTA 2026

“Recoñecer Bueu na primavera 2026” a través de catro rutas 

Nesta segunda edición, o noso obxectivo será que os asistentes coñezades dun xeito ameno e didáctico algúns dos lugares máis importantes e fermosos de Bueu, resaltando os seus valores naturais, culturais e etnográficos. 

Podedes consultar as características de cada unha das rutas nos seguintes enlaces á nosa web:

Mulleres da historia de Bueu

Intermareal de Agrelo

Massó, a orixe” 

Ermelo, o berce do Morrazo

RECOÑECER BUEU 2026

Os participantes nas nosas rutas de primavera terán un 10% de desconto en Pink Souba Clothing 

Os participantes nas nosas rutas de primavera poderán beneficiarse dun 10% de desconto en Pink Souba Clothing presentando na tenda un flyer que entregaremos ao rematar as rutas.

PINK SOUBA CLOTHING COA ASOCIACION A ILLA DOS RATOS

Se estades interesados en asistir teredes que darvos moita présa porque as prazas son limitadas e a demanda moi elevada 

Coma sempre os interesados deben inscribirse previamente por whatsapp no 611 08 08 53 indicando un nome completo, a ruta e o número de persoas que desexan asistir.

Nun principio teremos un límite de 30 prazas por ruta e unha vez sexan completadas, habilitaremos as correspondentes listas de espera que xestionaremos de forma activa.

VÉN DE RUTA COS RATOS ¡¡¡

Óscar Rodríguez Martínez
Presidente A Illa dos Ratos en | + artigos

Socio fundador de A Illa dos Ratos.

Deixa a túa resposta

O teu correo electrónico non será publicado. Os campos con * son obrigatorios

Podes usar estas etiquetas e atributos en HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable A Illa dos Ratos.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Dinahosting.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.