A ILLA DOS RATOS REALIZARÁ 19 RUTAS GRATUÍTAS DURANTE ESTE OUTONO NO MORRAZO 

Chega o outono e unha vez máis propoñémosvos unha maneira amena e didáctica de coñecer o noso entorno a través das nosas rutas guiadas gratuítas polo Morrazo, unha alternativa para compartir o tempo de lecer en boa compañía.

Coma sempre, as nosas rutas son totalmente gratuítas pero ao finalizar os percorridos, os/as nosos/as guías ofrecerán aos asistentes a posibilidade de facer unha colaboración simbólica e voluntaria a favor da nosa asociación que empregaremos para a realización doutros proxectos.

En “Descubre Moaña no outono 2026” coñeceremos as historias que agochan algúns dos lugares máis emblemáticos de Moaña

Neste programa, que realizaremos en colaboración do Concello de Moaña, descubriremos xuntos a historia dalgúns dos lugares máis interesantes da vila moañesa. Haberá moita variedade de contidos nas dez rutas previstas, destacando algúns clásicos como “A Poza da Moura de Domaio“, “Sendeiro do Barranco do Faro” ou a literaria “O último barco” e recuperaremos o “Sendeiro de Rialdarca“.

DESCUBRE MOAÑA NO OUTONO 2026

Podedes consultar as características das rutas nos seguintes enlaces á nosa web:

“Sendeiro da Fraga”

“Sendeiro de Rialdarca“

“A Poza da Moura de Domaio”

“A Moaña mariñeira”

“Sendeiro do Río do Barranco do Faro“

“Canteiras do litoral de Moaña”

“Literaria, O último barco“

“O mar de Meira“

“Mulleres da historia de Moaña“

“Outono en ruta 2026” constará de oito percorridos por Cangas

Para que poidades coñecer Cangas desde diferentes perspectivas, deseñamos un programa moi completo que constará de oito rutas.

Volveremos a gozar das dúas novidades do ano pasado: “As esculturas de Cangas“, na que coñeceremos detalles interesantes dalgunhas das esculturas que forman parte das nosas rúas, e “As terras de Coiro“, na que visitaremos a casa do escultor Henrique Prado Miranda e o Verxel de Coiro, unha explotación de agricultura ecolóxica rexentada pola emprendedora Cristina Ambel.

OUTONO EN RUTA 2026

Podedes consultar as características de cada ruta nestes enlaces directos a nosa web:

“As terras de Coiro: agro e cultura“

“Aldán un condado á beira do mar“

“Intermareal de Areamilla“

“Massó, o sentir dun pobo“

“As esculturas de Cangas”

“Personaxes de Cangas I“

“Mulleres da historia de Cangas“

“Cangas 1617, a defensa da vila”

“Recoñecer Bueu 2026” rematará o 28 de novembro cunha ruta especial sobre algunhas das mulleres máis importantes da historia da vila 

Podedes consultar as características da ruta no seguinte enlace á nosa web:

“Mulleres da historia de Bueu“

Os asistentes as rutas de outono poderedes beneficiarvos de descontos dun 35% en lentes de sol en Óptica Studio e un 10% de desconto en Pink Souba Clothing 

Os participantes nas nosas rutas deste outono poderedes beneficiarvos de interesantes descontos en dous dos nosos establecementos colaboradores:

  • 10% de desconto en Pink Souba Clothing presentando na tenda un flyer que entregaremos ao rematar cada ruta.

PINK SOUBA CLOTHING COA ASOCIACION A ILLA DOS RATOS

  • 35% en lentes de sol de Óptica Studio mostrando a mensaxe de confirmación de asistencia que recibirán os participantes de cada percorrido. 

Se estades interesados en asistir, teredes que darvos présa, porque as prazas son limitadas e a demanda é moi elevada 

Coma sempre, os interesados/as deben inscribirse previamente enviando un whatsapp ao 611 08 08 53 indicando un nome completo, a ruta que lles interesa e o número de persoas que desexan asistir.

Nun principio teremos un límite de 30 prazas por ruta e unha vez sexan completadas, habilitaremos as correspondentes listas de espera que xestionaremos de forma activa.

¡ VÉN DE RUTA COS RATOS !

Óscar Rodríguez Martínez
Presidente A Illa dos Ratos en | + artigos

Socio fundador de A Illa dos Ratos.

Deixa a túa resposta

O teu correo electrónico non será publicado. Os campos con * son obrigatorios

Podes usar estas etiquetas e atributos en HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable A Illa dos Ratos.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Dinahosting.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.