cartaces rutas especiais post

Cada ano, dende A Illa dos Ratos preparamos algunas visitas etnográficas e culturais en datas sinaladas para poder rememoralas e coñecer un pouquiño máis da nosa historia. Este é o caso das rutas A historia das mulleres de Cangas; Muiños do Canudo, en Meiro (Bueu); Cangas na República; Cangas e a súa Semana Santa; e Lourizán, o paraíso olvidado.

cartaz ruta historia das mulleres de cangasHistoria das mulleres de Cangas

A sociedade galega non tería sido a mesma sen o traballo silencioso e a maioría das veces ignorado das nosas mulleres. As nosas nais, avoas ou irmás merecen que se recoñeza e se poña en valor o seu papel protagonista na evolución económica e social de Galicia no século XX.

Ese é o obxecto desta ruta no que nos centraremos no eido local e na que nos achegaremos á historia de moitas das mulleres sen as que a sociedade canguesa tería sido moi diferente. O matriarcado do mar formado polas peixeiras, redeiras, mariscadoras e as empregadas das conserveiras terá un espazo importante que compartirá con nomes propios de mulleres de diferentes épocas como a épica María Soliño, a represaliada polo franquismo Dna Dolores Blanco Montes, a fundadora de ADICAM Dna Fina Acuña Graña ou a asistenta social de Massó Dna Ana María Soto Landeira. Tamén haberá tempo para coñecer a outras mulleres vinculados ao mundo da cultura, a educación, a política ou o deporte.

Faro de Vigo: Ruta sobre as mulleres de Cangas (Marzo 2018) 

cartel millo corvo 2019

Muiños de Canudo

A introducción do millo americano durante o século XVII tivo unha gran influencia nas sociedades rurais galegas e o seu cultivo e posterior moenda constituíu unha importante e polivalente fonte de alimento que sería a base dunha expansión demográfica sen precedentes.

Meiro é coñecido por ser a sede da festa do millo corvo, unha variedade de millo de cor negra, case que extinguida na comarca do Morrazo, e que se está intentando recuperar.

Os muíños do Canudo moían este gran para obter fariña coa que posteriormente se amasaría o pan, piar da nosa alimentación. Nesta ruta faremos un percorrido polo ciclo do pan que explicaremos dende os campos onde se sementaba o gran ata os muíños onde se obtiña a fariña negra que posteriormente se empregaría para amasar o pan. Ademais pasaremos por outros elementos de índole etnográfica, mostras do valor patrimonial que agocha esta aldea.

 

CARTEL RUTA REPUBLICA CANGAS

Cangas na República

Como dicía a canción que cantaban os presos republicanos na película “O lápis do carpinteiro” basada na novela de Manuel Rivas e levada ao cine por Antón Reixa, a II República “foi como un soño que nunca existiu”.

O 14 de Abril de 1931 se proclama a II República Española e Cangas non é allea a este feito histórico. Partindo dunha visión global e dos valores republicanos como o recoñecemento de dereitos e dar importancia vital a educación iremos achegándonos as persoas e os feitos que se sucederon en Cangas ao longo dos anos seguintes que non se entenderían sen os líderes sindicalistas e políticos D. Lorenzo Corbacho e D. Manuel Nores “Taratola” ou sen D.Bernardino Graña Refojos, mestre nacional e periodista convertido no gran crónista da época a nivel local. 

Faro de Vigo: Ruta republicana (Abril 2019)

cartaz ruta cangas e a sua semana santaCangas e a súa Semana Santa

A Semana Santa de Cangas está declarada Festa de Interese Turístico galego polo gran número de xente que se achega a participar ou contemplar as súas procesións. Pero sobre todo pola tradición e a arte que este evento relixioso conxuga desde hai moito tempo. Tradición e paixón ao redor de imaxes articuladas que lle confiren á celebración en Cangas un carácter especial.

Nesta ruta ímonos centrar non só no aspecto relixioso, senón en todo o que implica para a nosa vila este evento. Desde o valor artístico e singularidade dos pasos, á relación entre a paisaxe urbana e a Semana Santa, pasando polo valor turístico e cultural que supón para a vila.

 

cartel ruta lourizán

Lourizán, o paraíso olvidado

O pazo de Lourizán, noutrora residencia do político D. Eugenio Montero Ríos, atópase situado na cidade de Pontevedra e sorprendentemente segue sendo un total descoñecido para moitos dos habitantes das poboacións máis cercanas. Posúe unha gran riqueza paisaxística e ten tras de si unha longa historia secular sendo primeiro unha granxa, despois un palacete e finalmente un centro de estudios forestais.

Dentro das súas estancias aconteceron feitos históricos que marcaron a historia de España e a nivel artístico vincúlase  a varios artistas galegos relevantes da época.

Por todo isto esta ruta se presenta como unha interesante oportunidade para achegarnos e coñecer os seus segredos e a maxestosidade de toda a súa contorna.

Observaremos e explicaremos con detalle a fachada principal, o orixinal invernadoiro acristalado ou a mesa de pedra onde Montero Ríos mantiña as súas reunións cando era presidente do goberno. Tamén haberá tempo para percorrer os seus xardíns cheos de árbores senlleiras e o impresionante paseo das camelias.

Redacción A Illa dos Ratos
+ artigos

Deixa a túa resposta

O teu correo electrónico non será publicado. Os campos con * son obrigatorios

Podes usar estas etiquetas e atributos en HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable A Illa dos Ratos.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Dinahosting.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.