A parroquia de Coiro agocha recunchos interesantes, curiosos e descoñecidos. Nesta ruta trataremos de coñecer algúns deles e tamén algunhas das personas que habitan e emprenderon proxectos nesas terras.
Teremos a oportunidade de visitar a casa do escultor Henrique Prado Miranda onde veremos o seu lugar de traballo e algunhas das obras que ten expostas no seu xardín como "Urko e a Santa Compaña", "O neno que quería chegar ao sol" ou "Adán e Eva no paraíso".
Tamén coñeceremos a Cristina, impulsora e alma do "Verxel de Coiro", un proxecto de agricultura ecolóxica que leva varios anos ofrecendo produtos de cercanía e calidade, moitos deles adquiridos precisamente pola veciñanza de Cangas.
Unha visión diferente das terras de Coiro no que o agro e a cultura se misturan para mostrarnos aspectos interesantes desta parroquia rural.
Unha experiencia única
Unha ocasión única para coñecer a obra artística de Henrique Prado Miranda e os cultivos e técnicas de agricultura ecolóxica que emprega o Verxel de Coiro.
Consulta o calendario de rutas e reserva a túa praza