Senda litoral de Bueu (I)
unha parte da senda costeira de bueu
O Concello de Bueu conta cun Sendeiro Azul que percorre todo o seu litoral dende Agrelo ata Cabo Udra, do que percorreremos un tramo intermedio. Partiremos do Porto de Beluso, onde reflexionaremos sobre o impacto ambiental que tivo a construción do seu dique dende o ano 2001, e continuaremos coñecendo aspectos interesantes da antiga salgadura de A Roiba e da Casa Molezún, unha edificación icónica da zona que cando a marea está alta semella emerxer do mar. O fermoso camiño costeiro que nos levará ata a praia de Tuia nos agasallará con impresionantes vistas do arquipélago de Ons e gozaremos coa gran riqueza natural do entorno, principal protagonista durante todo o noso camiñar.








Camiñar en boa compañía preto do mar
Co mar como convidado, descubriremos xuntos os elementos naturais que nos ofrece esta parte da Senda Litoral de Bueu.
Fermosas vistas e lugares
Edificacións como a antiga salgadura da Roiba ou a Casa Molezún servirán de antesala as fermosas vistas que nos ofrecerá o camiño que nos levará ata a praia de Tuia.
Percorrido
Este é o itinerario que faremos na ruta

RECOÑECER BUEU
Se queres coñecer Bueu dunha forma diferente, estas son as rutas que temos para ti