UN MAR CHEO DE RIQUEZA E DE ÉXITOS DEPORTIVOS
Meira é unha parroquia de Moaña que conta cunha historia e identidade propias, marcadas por valores como a solidariedade. Da colaboración e o esforzo colectivo dos seus veciños saíron adiante moitos proxectos importantes como as traídas de augas, a comunidade de montes ou o club de remo, a S.D.C Samertolameu de Meira, que tantos éxitos obtivo ao longo da súa existencia. Nesta ruta, co mar como fío condutor e o remo a muller sempre presentes, falaremos de aspectos relacionados coa pesca e as embarcacións tradicionais e analizaremos o impacto que tivo sobre elas a a industria da salgadura dos fomentadores cataláns e a posterior chegada dos empresarios da conserva, adicando especial atención a aparición das primeiras traiñeiras que chegaron a nosa ría para incrementar as capturas e abastecer esas novas industrias. Esas novas embarcacións procedentes do Cantábrico, que tiñan un maior tamaño e que empregaban unha nova arte coñecida como "a traíña" ou "cerco de xareta", foron nun principio empregadas sobre todo para a pesca pero co paso do tempo convertéronse nun elemento moi importante dentro da práctica deportiva do remo.
As traiñeiras e a súa vinculación coa pesca
Descubriremos como foi a transformación da pesca tradicional coa chegada das novas industrias da salgadura e a conserva e o impacto que tivo o uso da traiñeira, embarcación que se acabaria convertendo nunha modalidade do remo.
Fotográfica
Non esquezas traer a túa cámara para inmortalizar lugares como a praia da Xunqueira, o Museo das Carreiras, ou as impresionantes salas de trofeos e bandeiras da S.D.C Samertolameu.
Itinerario
Este será o percorrido da nosa ruta
DESCUBRE MOAÑA
Se queres coñecer Moaña dunha forma diferente e guiada, consulta as seguintes rutas que temos deseñadas para ti.