Unha ruta para dar a coñecer e poñer en valor o importante papel das mulleres o longo da historia da vila de Bueu en diferentes ámbitos como a pesca, a educación, a cultura, o deporte ou a política.
Coñeceremos algúns detalles da traxectoria de figuras importantes de diferentes épocas con nome propio como a mestra Matilde Bares, a filántropa Amalia Domínguez Búa, a recadeira "A Mundina", ou as poetas Lucía Novas e Miriam Ferradáns. As súas aportacións a sociedade se mesturarán con alusións a colectivos máis anónimos como as peixeiras, as mariscadoras ou as redeiras, protagonistas do matriarcado do mar.
Un percorrido moi emotivo para facer coas avoas, nais, fillas, tías, curmás e toda muller da familia que queira, pero tamén con avós, pais, fillos, tíos e curmáns ¡¡¡
Fotográfica
Pasaremos por lugares da vila que gardan relación coas mulleres das que imos a falar e sempre é fermoso tomar fotografías para o recordo.
Fotografía da ruta inaugural celebrada o 17 de marzo de 2025
Consulta o calendario de rutas e reserva a túa praza
"100% recomendable, unha ruta moi amena, con anécdotas e feitos históricos da nosa vila que descoñecía. Espero poder participar nalgunhas das seguintes. Grazas pola vosa labor de dar a coñecer a historia de Bueu :)"
Patricia J Rodríguez
RECOÑECER BUEU
Se queres coñecer Bueu dunha forma diferente, estas son as rutas que temos para ti