Muíños do Canudo (Meiro)

Muiños do canudo (meiro)

O fogar do millo corvo

De balde
Etnográfica 1,5 horas 1,2 Km Baixa

o rexurdir do millo corvo

A pequena aldea de Meiro é coñecida por ser a sede da festa do millo corvo, unha variedade de millo de cor negra, case que extinguida na comarca do Morrazo, e que se está intentando recuperar. Os muíños do Canudo moían este gran para obter fariña coa que posteriormente se amasaría o pan, piar da nosa alimentación. Nesta ruta faremos un percorrido polo ciclo do pan que explicaremos dende os campos onde se sementaba o gran ata os muíños onde se obtiña a fariña negra que posteriormente se empregaría para amasar o pan. Ademais pasaremos por outros elementos de índole etnográfica, mostras do valor patrimonial que agocha esta aldea.

O rexurdir do millo corvo

Unha pequena aldea que se resiste a ver desaparecer esta variedade de millo tan particular.

Fariña, óleo e farelo

Neste pequeno percorrido veremos unha antiga calzada, un peto de ánimas, un curioso lavadoiro, un canastro con reloxo de sol e, por suposto, muíños, os protagonistas da ruta.

Consulta o calendario de rutas e reserva a túa praza

Percorrido

Este é o itinerario que faremos na ruta

INICIO
Carpa instalada na propia festa
FIN
Carpa instalada na propia festa
"O placer foi noso. Unha maravilla a ruta, coma sempre"
Raquel Muiños

Coñecendo Cangas do Morrazo

Se queres coñecer a capital da comarca do Morrazo con rutas explicativas e amenas, consulta as seguintes visitas que temos deseñadas

Massó, o sentir dun pobo

A conserveira que marcou unha época

+ INFO

Cabo Home e a Costa da Vela

Camiño dos faros

+ INFO

Cangas e o mar

A orixe dunha vila mariñeira

+ INFO

Rúas con historia de Cangas

Entre camiños

+ INFO
Se tes un grupo e queres facer visitas privadas escríbenos!
*
Comments are closed.
Empregamos cookies para asegurar unha mellor experiencia de navegación neste sitio web.    Ver Política de cookies
Privacidad