Massó, a orixe

Massó, a orixe

Unha empresa familiar que marcou unha época

De balde
Etnográfica 2 horas 2 Km Baixa

A ORIXE DO GRAN EMPORIO DA FAMILIA MASSÓ

Coa chegada de Salvador Massó Palau a Bueu en 1816 iniciouse unha saga empresarial sen a que non podería entenderse o desenvolvemento económico, social e urbanistico da nosa vila. Nesta ruta coñeceremos a historia da familia Massó, con especial atención á evolución da súas actividades industriais, primeiro de salgadura no "Almacén do Rei" e logo da conserva en "La Perfección" e na moderna fábrica de Bueu inaugurada en 1926. Tamén haberá tempo para curiosidades e anécdotas: veremos como era o día a día das traballadoras, cales eran as súas ocupacións e preocupacións e a importancia que tivo a actividade conserveira para a súa incorporación ao mundo laboral. Remataremos falando do declive e o peche das catro factorías que tiñan os Massó (Bueu, Cangas, Avilés e Barbate) e o impacto económico e social que tivo para a poboación do Morrazo.

Unha viaxe no tempo pola nosa historia

Unha ruta para compartir en familia e na que tanto as persoas máis maiores como as máis mozas poderán recordar e aprender cousas interesantes do noso pasado.

Un pasado industrial vinculado ao mar

Ao longo do noso percorrido poderás sacar fotos do Museo Massó, da mítica cheminea e doutros elementos que nos recordan os tempos de esplendor da fábrica.

Fotografías históricas de Massó en Bueu

Consulta o calendario de rutas e reserva a túa praza

Percorrido

Este é o itinerario que faremos na ruta

INICIO

Paseo de Pescadoira

FIN

Praza Massó

“Sus rutas, los guías lo hacen muy ameno, dan mucha información pero sin que sea aburrido, además de todo tipo, reglada, leyendas... y los guías majísimos”
Eva Veneno

RECOÑECER BUEU

Se queres coñecer Bueu dunha forma diferente, estas son as rutas que temos para ti

Intermareal de Agrelo

A flora e fauna mariña no seu hábitat

+ INFO

Mulleres da historia de Bueu

A nosa historia contada en feminino

+ INFO

Ermelo, o berce do Morrazo

A primeira memoria en pedra de Galicia

+ INFO

Senda litoral de Bueu (I)

Da praia de Beluso a Tuia

+ INFO
Se tes un grupo e queres facer visitas privadas escríbenos!
*

RECOÑECER BUEU

Se queres coñecer Bueu dunha forma diferente estas son as rutas que temos para ti

Massó, a orixe

Unha empresa familiar que marcou unha época

+ INFO

Mulleres da historia de Bueu

A nosa historia contada en feminino

+ INFO

Ermelo, o berce do Morrazo

A primeira memoria en pedra de Galicia

+ INFO

Senda litoral de Bueu (I)

Da praia de Beluso a Tuia

+ INFO
Comments are closed.
Empregamos cookies para asegurar unha mellor experiencia de navegación neste sitio web.    Ver Política de cookies
Privacidad