Intermareal de Tirán
cando baixa a marea
Desde o adro da Igrexa de San Xoán de Tirán, convertido nun espectacular miradoiro sobre a Ría de Vigo, baixaremos á praia para ver, tocar e coñecer as especies que alí habitan, como ourizos de mar, peixes pipa, chocos ou os simpáticos ermitáns. Na praia de Videira, aprenderemos a diferenciar as cunchas das distintas especies de moluscos que podemos atopar nesta zona tan rica da nosa costa e finalmente na praia de Niño do Corvo, centrarémonos noutro dos atractivos da costa de Tirán como son as rochas vaugneríticas, de incalculable valor xeolóxico. Unha ruta moi interactiva, axeitada para toda a familia, e da que seguro que os asistentes, sobre todo os máis pequenos, sairán sabendo moitas curiosidades sobre a vida mariña e a biodiversidade do lugar.














Familiar
Esta ruta está especialmente indicada para descubrir en familia cousas interesantes sobre a vida mariña que se agocha cando baixa a marea.
Didáctica e interactiva
Dunha forma respectuosa observaremos estrelamar, ourizos ou esponxas de mar e xogaremos a buscar e identificar cunchas.
Percorrido
Este é o itinerario que faremos na ruta

DESCUBRE MOAÑA
Se queres coñecer Moaña dunha forma diferente e guiada, consulta as seguintes rutas que temos deseñadas