Intermareal de Agrelo

Intermareal de AGRELO

A flora e fauna mariña no seu hábitat

De balde
Ambiental 1,5 horas 1 Km Baixa

Observando a praia de Agrelo con outros ollos

O entorno natural no que se atopan as praias de Loureiro, Agrelo e Portomaior se caracteriza por unha gran biodiversidade natural. Nesta ruta visitaremos as pozas da zona intermareal da praia de Agrelo para observar a flora e a fauna mariña que vive nelas e que ten que adaptarse cada día as condicións cambiantes que se producen cando sobe e baixa a marea. Unha ruta moi interesante na que poderemos ver e tocar diferentes especies como os ourizos, os peixes pipa, os tomates de mar ou algunha estrelamar e da que seguro que sairedes valorando moito máis a nosa gran riqueza natural e sabendo moitas curiosidades sobre as praias e a vida mariña.

Unha experiencia para vivir en familia

Esta ruta está especialmente indicada para que os máis pequenos aprendan de forma práctica a importancia da biodiversidade mariña que vive entre mareas.

Didáctica e interactiva

Dunha forma respectuosa observaremos algas de diferentes tipos e outros organismos mariños no seu entorno natural como estrelamar, ourizos, caranguexos ou tomates de mar.

Fotografía da ruta inaugural celebrada o 26 de abril de 2025

Consulta o calendario de rutas e reserva a túa praza

ITINERARIO

Este será o percorrido da nosa ruta

INICIO

Aula da natureza de Agrelo

FIN

Praia de Agrelo

"Experiencia divertida, interesante y educativa. ¡Magnífica iniciativa!"
Carlos

RECOÑECER BUEU

Se queres coñecer Bueu dunha forma diferente, estas son as rutas que temos para ti

Massó, a orixe

Unha empresa familiar que marcou unha época

+ INFO

Ermelo, o berce do Morrazo

A primeira memoria en pedra de Galicia

+ INFO

Mulleres da historia de Bueu

A nosa historia contada en feminino

+ INFO

Senda litoral de Bueu (I)

Da praia de Beluso a Tuia

+ INFO
Se tes un grupo e queres facer visitas privadas escríbenos!
*
Comments are closed.
Empregamos cookies para asegurar unha mellor experiencia de navegación neste sitio web.    Ver Política de cookies
Privacidad