A vila de Cangas non sería a mesma sen as súas mulleres. Percorreremos o centro da vila para coñecer as historias de mulleres de diferentes épocas como Maria Soliño, Dolores Blanco Montes que foi represaliada polo franquismo ou Fina Acuña Graña, unha muller loitadora e fundadora de ADICAM.
Tamén adicaremos tempo a mulleres vinculadas con eidos como a cultura, a educación, a política, ou o deporte sen esquecernos do papel relevante dos colectivos de mulleres que forman parte do matriarcado do mar como as peixeiras, as redeiras ou as mariscadoras.
Esta ruta enmárcase nas actividades que cada ano se realizan desde diferentes colectivos para recoñecer o valor da figura da muller dentro da nosa sociedade.
A muller sempre presente
A estatua de María Soliño, a antiga escola de Barbicas ou a ex-colexiata de Cangas ou a escultura ás peixeiras serán algúns dos lugares de interese.
Consulta o calendario de rutas e reserva a túa praza