Ermelo, o berce do morrazo

A primeira memoria en pedra de Galicia

De balde
Cultural 2,5 horas 6 Km Media

Unha viaxe ás orixes do Morrazo

Aínda que a día de hoxe vemos a Ermelo como unha pequena aldea dentro de Bueu, o certo é que este pequeno núcleo poboacional pode presumir de ter sido importante ao longo da historia. Proba disto é que xa no Concilio II de Braga, aló polo ano 572 se falaba del como “o berce do morrazo”. Tras varios séculos de esplendor o Mosteiro de Ermelo foi entrando en declive debido a diversas circunstancias como o escaso número de habitantes que residían neste lugar, a marcha dos monxes benedictinos que o atendían, ou a eclosión das outras parroquias da nosa contorna, sendo agora unha simple parroquia anexa á de Santa María de Cela.

Un marco histórico e natural incomparable

Os contidos que trataremos na nosa ruta nos farán coñecer a importancia histórica de Ermelo e gozar coa súa natureza.

Un percorrido moi fotoxénico

Saca a túa cámara para inmortalizar a Cruz da Esculca, a igrexa de Santiago de Ermelo ou as impresionantes vistas.

Consulta o calendario de rutas e reserva a túa praza

Itinerario

Este será o recorrido da nosa ruta

INICIO

Igrexa de Santiago de Ermelo

FIN

Igrexa de Santiago de Ermelo

RUTA ERMELO Trazado en wikiloc
“Ruta espectacular, moi entretida e divertida. Moitas grazas por aceptarme nesta gran familia ratona”
Naxo Fuentes Vilas

RECOÑECER BUEU

Se queres coñecer Bueu dunha forma diferente, estas son as rutas que temos para ti

Massó, a orixe

Unha empresa familiar que marcou unha época

+ INFO

Intermareal de Agrelo

A flora e fauna mariña no seu hábitat

+ INFO

Mulleres da historia de Bueu

A nosa historia contada en feminino

+ INFO

Senda litoral de Bueu (I)

Da praia de Beluso a Tuia

+ INFO
Se tes un grupo e queres facer unha visita privada, escríbenos!
*
Empregamos cookies para asegurar unha mellor experiencia de navegación neste sitio web.    Ver Política de cookies
Privacidad