Casco histórico de Cangas
Casas de pedra e rúas estreitas
O casco histórico de Cangas, a parte antiga, é esa zona da vila que todos coñecemos, pola que pasamos todos os días. Temos a impresión de que a coñecemos moi ben pero, é realmente así? Coñecemos todos os segredos que nos mostra? Somos capaces de interpretar toda a información que nos transmiten as súas casas de pedra e as súas rúas estreitas? Nesta ruta pretendemos ver o casco histórico dunha maneira diferente. Fixándonos naqueles detalliños que por estar aí desde sempre, nin sequera reparamos neles. Recorreremos os dous barrios, o Costal e o Sinal, e veremos o diferentes que poden ser dúas partes dun mesmo casco antigo.
Rúas cheas de historia
Cada lugar, cada rúa, cada pedra do noso casco histórico foi testemuña da vida dos cangueses dende fai séculos. Descubrir detalles descoñecidos será a nosa misión.
Barrios de pedra e mar
Casas de patín típicas do barrio mariñeiro, escudos de pedra nas fachadas ou outros elementos arquitectónicos agárdannos para contarnos a súa historia.
Percorrido
Este é o itinerario que faremos na ruta
Coñecendo Cangas do Morrazo
Se queres coñecer a capital da comarca do Morrazo con rutas explicativas e amenas, consulta as seguintes visitas que temos deseñadas