Cangas e a súa Semana Santa

Cangas e a súa Semana Santa

Festa de Interese Turístico galego

De balde
Cultural 1,5 horas 1,2 Km Baixa

PROCESIÓNS, tradición e paixón

A Semana Santa de Cangas está declarada Festa de Interese Turístico galego polo gran número de xente que se achega a participar ou contemplar as súas procesións. Pero sobre todo pola tradición e a arte que este evento relixioso conxuga desde hai moito tempo. Tradición e paixón ao redor de imaxes articuladas que lle confiren á celebración en Cangas un carácter especial. Nesta ruta ímonos centrar non só no aspecto relixioso, senón en todo o que implica para a nosa vila este evento. Desde o valor artístico e singularidade dos pasos, á relación entre a paisaxe urbana e a Semana Santa, pasando polo valor turístico e cultural que supón para a vila.

Devoción e admiración

Ruta pensada tanto para os que viven con fervor relixioso a semana santa como para quen desexe coñecer detalles intereantes das tallas e representacións relixiosas.

Os segredos da ex-colexiata

Nesta ruta teremos a oportunidade de ver expostas na ex-colexiata imaxes singulares imposibles de ver en calquera outra época do ano.

Consulta o calendario de rutas e reserva a túa praza

Percorrido

Este é o itinerario que faremos na ruta

INICIO

Igrexa de Santiago de Cangas

FIN

Igrexa de Santiago de Cangas

"Gracias a vosotros por todo el conocimiento que aportáis en cada salida."
Vanesa Curra

Coñecendo Cangas do Morrazo

Se queres coñecer a capital da comarca do Morrazo con rutas explicativas e amenas, consulta as seguintes visitas que temos deseñadas

Massó, o sentir dun pobo

A conserveira que marcou unha época

+ INFO

Cabo Home e a Costa da Vela

Camiño dos faros

+ INFO

Cangas e o mar

A orixe dunha vila mariñeira

+ INFO

Rúas con historia de Cangas

Entre camiños

+ INFO
Se tes un grupo e queres facer visitas privadas escríbenos!
*
Comments are closed.
Empregamos cookies para asegurar unha mellor experiencia de navegación neste sitio web.    Ver Política de cookies
Privacidad