Subindo río arriba ata chegar ao outeiro do aviador
Partiremos dende a igrexa parroquial de Santa Eulalia de Meira e logo de pasar pola Carballeira de Bronlle, onde se celebra unha multitudinaria romaría cada 15 de agosto, continuaremos o noso camiño subindo á beira do río do Barranco, que cambiará de nome a medida que avancemos. Chegaremos ao Muíño de Novas e ao Lavadoiro do Atranco, recentemente rehabilitados polos alumnos do obradoiro de emprego do Patronato Municipal Beiramar de Moaña, e alí falaremos do importante papel dos muíños no desenvolvemento económico, social e demográfico da zona e da importancia dos lavadoiros para a vida social no rural. Tamén teremos tempo de gozar da natureza nos montes da Comunidade de Montes de Meira, e logo de coñecer a Poza da Cachadiña e a Casa dos Parentes, chegaremos ao Outeiro do Aviador, un mirador con impresionantes vistas de Moaña que serán o premio ao noso esforzo.
Un sendeiro tan fermoso como descoñecido
Descubriremos a historia e etnografía dunha zona que ademais conta cun entorno natural incomparable, o que fará que esta ruta sexa moi ben valorada polos asistentes.
Fotográfica
Non esquezas traer a túa cámara para inmortalizar camiños cheos de encanto natural, pequenas fervenzas, muíños, fontes e sobre todo as fermosas vistas de Moaña dende o Outeiro do Aviador.
Itinerario
Este será o percorrido da nosa ruta
Igrexa Parroquial de Santa Eulalia de Meira
Outeiro do Aviador
DESCUBRE MOAÑA
Se queres coñecer Moaña dunha forma diferente e guiada, consulta as seguintes rutas que temos deseñadas para ti.