As esculturas de Cangas
As esculturas que contan a nosa historia
O casco urbano de Cangas é unha zona da vila pola que pasamos todos os días. Temos a impresión de que a coñecemos moi ben pero seguro que nunca nos decatamos da cantidade de esculturas que temos nas nosas rúas. Nesta ruta faremos un percorrido cunha perspectiva diferente no que teremos a oportunidade de observar eses elementos con moita atención e coñeceremos aspectos moi interesantes de cada peza e a súa vinculación coa historia da vila.
Unha nova perspectiva de Cangas
Cada escultura das nosas rúas ten a súa propia historia e expresa unha idea ou sentimento que trataremos de descubrir.
Un museo ao aire libre
Poderemos facer fotografías de imaxes icónicas da vila como a estatua adicada a María Soliño, o mítico Galeón de Manuel Coia ou a Fonte do Cabalo do mestre Cerviño.
Percorrido
Este é o itinerario que faremos na ruta
Coñecendo Cangas do Morrazo
Se queres coñecer a capital da comarca do Morrazo con rutas explicativas e amenas, consulta as seguintes visitas que temos deseñadas