A HISTORIA DE BALBINO DO PACO E BALBINO DE TÁBOAS, DOUS MOAÑESES NO PENAL DO DUESO.

Texto elaborado por Luís Chapela Bermúdez, coñecido popularmente como Luis da Roxa.

Dentro da serie “Relatos da República” que vimos publicando grazas a colaboración do noso amigo Luis da Roxa, hoxe publicamos esta historia que ten como protagonistas a dous veciños de Moaña.

“Este pequeno relato recupera unha pequena anécdota de dous veciños, dous amigos, dous loitadores, que por casualidades da vida teñen o mesmo nome.

Aínda tiven a oportunidade de coñecer a algún daqueles veciños, persoas moderadas, traballadores e loitadores, que arriscaron a súa propia vida, para que os que viñemos despois tiveramos unha vida máis digna e máis libre, algo que a eles lles foi negado.

Foron moitos os veciños dos nosos barrios que viron no mar, e nas diferentes modalidades de pesca un xeito de vivir algo mellor, e non estar so dependendo do campo. Estes mariñeiros na súa maioría estaba afiliados ao sindicato, Solidaridade  Mariñeira de Moaña, adscritos a CNT.

Neste intre quero facer memoria para dúas persoas que sufriron a ira dos golpistas, e que padeceron de cárcere en cárcere o que non estaba escrito, polo feito de ser mariñeiros afiliados ao sindicato. Señor Balbino do Paco, veciño do Cunchal, foi preso e torturado, pasando por varias cárceres: Pontevedra, Burgos, e rematou no Penal do Dueso e Santoña. Torturado e humillado incluso psicoloxicamente, ata o punto de facer tolear a unha persoa.

No Penal do Dueso, estaba un día no patio cando escoitou a un preso que estaba no calabozo, asubiando unha cantiga do colectivo Xoves Libertarios de Berducedo. Señor Balbino, disimulando foi achegándose ao calabozo e viu un home, ou o que quedaba del, delgado e con barbas longas. Preguntoulle quen era. O preso respondeu, veciño, son Balbino de Táboas, mañá van a pasearme. Eran veciños, pero señor Balbino do Paco, non o recoñeceu.

Balbino de Táboas , pediulle que lle trouxera uns cigarros, se podía. Señor Balbino do Paco, chorando e case sen falar, o saber que o seu amigo e veciño ía ser asasinado en horas, falou cos outros presos, así xuntaron os cigarros que lle deron con coidado. Balbino de Táboas, díxolle, “si sales desta veciño, cóntalle a miña familia o que me pasou, moita sorte amigo”.

Señor Balbino do Paco, mentres estivo no penal, non volveu a ver máis ao seu amigo, sabe deus onde tiraron o seu corpo. Esa foi a sorte que correron moitos mariñeiros do noso pobo por defender as liberdades, e por querer vivir máis dignamente. 

Señor Balbino do Paco, sacou forzas de onde xa non tiña e aguantou ata cumprir a condena imposta. Cando volveu ao barrio, informou a familia Táboas do que pasara con Balbino. El viviu con desconfianza e teño a sensación de que incluso con algo de medo o resto da súa vida.

Este é un pequeno recordatorio para dous loitadores, dous Xoves Libertarios, que foron un referente, e son parte da nosa memoria“.

Redacción A Illa dos Ratos
+ artigos

Deixa a túa resposta

O teu correo electrónico non será publicado. Os campos con * son obrigatorios

Podes usar estas etiquetas e atributos en HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable A Illa dos Ratos.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Dinahosting.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.