RUTAS GUIADAS GRATUITAS PARA ABRIL E MAIO DE 2022

Ofertamos prazas para 8 rutas en Cangas enmarcadas no programa PRIMAVERA EN RUTA 2022

Presentamos un programa de rutas moi completo que inclúe grandes clásicos dos últimos anos como “Massó, o sentir dun pobo“, “O Facho, gardián milenario“, “Intermareal de Areamilla“, “Muíños de Coiro“, ou “O Hío, de pedra en pedra” mesturados con outras rutas tamén moi interesantes como “Senda Costeira de Areamilla” , “Cabo Home e a Costa da Vela” ou “Serra da Madalena“.
Se estades interesados en asistir teredes que darvos moita présa porque as prazas son limitadas e a demanda moi elevada
Os interesados poden inscribirse previamente por whatsapp no 611 08 08 53. Nun principio teremos un límite de 30 prazas por ruta e unha vez sexan completadas habilitaremos as correspondentes listas de espera.
Deixa a túa resposta